Jorge Cubela e o PP avalan o Plan eólico da Xunta que afecta gravemente a Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Cerdedo-Cotobade, 27 de maio de 2021. O BNG lamenta que no pleno municipal celebrado no día de hoxe, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o grupo municipal do PP votasen en contra dunha moción do BNG que propoñía un modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación do territorio", declarou o portavoz municipal Ernesto Filgueira.

Así Cubela e o seu grupo votaron en contra de:

  1. Desenvolver e aprobar un novo marco regulatorio do sector eólico que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais, a comezar por un novo Plan Sectorial Eólico que conte cunha ampla participación dos axentes implicados (asociacións veciñais, agrarias, ecoloxistas, sindicais, centros de investigación, comunidades de montes, etc.) e un amplo proceso de exposición pública co fin de suscitar o maior consenso posíbel.
  2. Dar rango de lei ao impulso de Plans de Desenvolvemento Industrial asociados s novas instalacións establecendo medidas para que as autorizacións de novos parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren riqueza e emprego no país e favorecer que unha parte das compo entes sexan desenvolvidos en Galiza.
  3. Impulsar medidas para garantir a socialización dos beneficios do papel xerador de Galiza e o retorno económico para o noso país apostando pola constitución dunha empresa pública galega de enerxía e fomentando a participación pública da Xunta e dos concellos galegos as como das persoas propietarias das terras (comunidades de montes, propiedades agrogandeiras) de maneira que xere rendas complementarias.
  4. Incrementar a vixilancia sobre as garantías medioambientais para asegurar o cumprimento do principio de prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística, a precaución respecto das posibles intervencións que poidan afectar negativamente o patrimonio natural ou a biodiversidade e mais a prevención dos problemas derivados da crise climática.
  5. Garantir unha verdadeira política de transparencia, información e participación cidadá