Moción referida a "LIÑA DE AXUDAS AO TECIDO ASOCIATIVO-COVID19" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida: “LIÑA URXENTE DE AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E FOLCLÓRICAS ”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 2020 está a ser un ano atípico en canto a poder desenvolver a vida e as acccións sociais e culturais habituais como en calquer outro período temporal na vida veciñal das nosas parroquias debido á situación sanitaria de pandemia provocada polo covid-19. A situación esixe o concurso das persoas e das diversas administracións a fin de evitar a expansión do virus, obxectivo que a todas e todos nos preocupa. Nembargantes, malia as dificultades presentes en calquera ámbito da nosa sociedade preocupa especialmente no BNG as importantes consecuencias que a situación sanitaria está a causar na cultura viva do municipio. Entende o grupo nacionalista que éstas vanse ver agudizadas nos vindeiros meses como consecuencia da falla de recursos económicos, materiais e/ou privados de espazos públicos onde poder desenvolver as actividades propias de cada unha das asociacións culturais e folclóricas. Para o BNG é prioritario procurar que a vida cultural que leva décadas a se desenvolver en Cerdedo-Cotobade non se vexa paralizada ou -o que é máis grave- abocada a se perder. A cultura é un ben do pobo que debe ser preservada. 

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo e Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

Aprobar con carácter de urxenza unha liña de axudas económicas que contribúan a manter todas e cada unha das actividades formativas e artísticas das diversas asociacións culturais e folclóricas de Cerdedo-Cotobade. 

Limpeza e desinfección dos espazos municipais garantida polo goberno local e dotar do material preciso que garanta a separación d@s alumn@s para crear “espazos seguros” onde a cultura formativa e social se leve a cabo dentro dos parámetros sanitarios actuais.

Xestión de acordos coa Consellería de Educación da Xunta de Galiza a fin de garantir o uso -como é habitual- das instalacións exteriores dos colexios e instituto públicos con cadan seu protocolo sanitario de distanciamento persoal e limpeza garantido polo goberno local co obxecto de que as actividades continúen de xeito seguro e pervivan fronte a actual pandemia.