Moción referida aos "ACORDOS INCUMPRIDOS NO PLENO DE NOVEMBRO DE 2021 A PROL DO CUMPLIMENTO DA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA"

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

A lei de memoria histórica de 2007 establece no artigo 15 que as administracións públicas tomarán medidas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar, da guerra civil e da represión da Ditadura. Está claro que o símbolo do xugo e as flechas representa o ideario da ditadura franquista e que no seu nome levouse a cabo unha brutal e cruenta persecución e eliminación de persoas por motivos políticos.

Os concellos están obrigados pola lei á retirar estes símbolos. O BNG pide que se faga por razóns legais, para cumprir a lei. Sobre todo, dende o BNG solicítase que se proceda á súa retirada por ser contrarios aos valores democráticos e por atentar contra a dignidade e a memoria das vítimas da ditadura.

O BNG lembra que foi presentada e debatida unha moción no pleno de xaneiro de 2020 a fin de acadar deste goberno o compromiso de cumplir coa lei en materia de Memoria Histórica tendo como resultado o rexeitamento do PP. Nunha segunda volta, o BNG volve levar ao pleno de novembro de 2021 unha nova proposta que resulta aprobada ao contar coa abstención do PP toda vez que lle foi admitida unha emenda ao texto da moción. Máis fica aprobada.

Vai alá ano e catro meses dende que o goberno do PP conta cun acordo aprobado en sede plenaria na que se lle encarga a retirarada de toda a simboloxía fascista existente nos bens públicos municipais a fin de poder avanzar cara unha sociedade máis democrática e respectuosa coa memoria das persoas represaliadas e das súas familias, memoria que urxe reparar habida conta dos moitos e tristes casos ocorridos nas terras de Cerdedo e de Cotobade.

Malia e todo, o grupo de goberno segue a incumprir o acordo en materia de restauración da Memoria Histórica saído do pleno de novembro de 2021. O goberno de Cerdedo-Cotobade non está a cumprir coa Lei de Memoria Democrática.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte moción:

1. Instar ao goberno local a cumprir o acordo plenario aprobado na sesión de novembro de 2021 no que se reclamaba o cumprimento da Lei de Memoria Democrática e retirada dos bens públicos de toda a simboloxía fascista existente ademáis de propor unha comisión de seguimento constituída por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da memoria municipal.