
Moción referida á “CUMPLIMENTO DA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA EN CERDEDO-COTOBADE”
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
O 18 de xullo de 1936 produciuse un golpe do Estado Militar contra o réxime democrático vixente no estado español. Un levanto militar que en Galiza foi orixe dunha cruenta e brutal represeión ao longo dos anos da guerra e durante todo o período da ditadura franquista.
A represión foi especialmente cruenta nos anos da guerra e materializouse en Galiza no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia: encarceramentos masivos, violacións, malleiras, inxesta de aceite de racino.
Nos anos da guerra e ao longo de toda a ditadura franquista a represión tivo múltiples manifestacións: depuración laboral, sancións económicas, explio de bens, persecución ideolóxica, ascoso e exclusion social… Cerdedo-Cotobade ben sabe de todo o descrito, especialmente nas terras de Cerdedo. A imposicion violenta da ideoloxía, da moral, da educacion e dos valores franquistas afectou a toda a sociedade e os seus efectos prolónganse no tempo máis alá de 1975.
Para o BNG é unha obriga que as institucións deben ter un posicionamento claro de condena do golpe de estado do 36, da ditadura franquista e da brutal represión que sufriron miles de galeg@s, entre eles veciños de Cerdedo-Cotobade ao longo deste terríbel período histórico.
O BNG lembra que a finais de Xaneiro de 2020 foi debatida en pleno unha moción presentada polo BNG nomeada “cumplimento da lei da memoria histórica” na que se instaba a “eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura”. Esta proposta foi rexeitada pola equipa de goberno do PP escudándose en que non contaban de fondos para dita actuación. A finais de novembro de 2021 unha segunda moción levada a pleno polo BNG resultou aprobada coa abstención do PP, máis o goberno local insiste en incumplir o aprobado en sede plenaria e, por tanto, en saltarse a Lei de Memoria Democrática.
O BNG recolle do historiador e veciño Manuel Reboredo e Xosé Álvarez (mestre e profesor de historia xubilado) a necesidade de restaurar a memoria dos asasinados na Volta do Couto, en Calvelo, tal e como se recolle nos “diarios escritos por dous presos no lazareto de san Simón, Bienvenido Lago, xefe da garda municipal e Valentín Briones, alcalde de Vilagarcía. Nel, aparecen mencionadas en varias sacas, unha delas a dos que se sabe que foron fusilados na volta do Couto e que coinciden coa documentación conservada en arquivos militares.
Nunha das notas reservadas redactadas pola policía, tras a detención do inspector de prisións Lago Búa, afírmase que o día 8 de novembro de 1936 sacaron de San Simón 11 persoas, para conducilos ao cárcere de Redondela, a José López Bernárdez, Luis Frade Pazos, Ramiro Granja González, Luis Varela Sobrado, José Montoto Rodríguez, Eliseo Garra Lalín, Alfonso Alonso Portugue (sic), Telmo Rodríguez Alonso, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Antonio Picallo Buela. Sábese que foron fusilados na volta do Couto esa noite do 8/madrugada do 9 e enterrados no cemiterio de Tenorio. Eran de Lalín e de Arbo, entre eles había un mestre e un médico.
O BNG pide que se cumpla coa lei. Sobretodo solicítase que se faga por ser contrarios aos valores democráticos e por atentar contra a dignidade e a memoria das vítimas da ditadura.
Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte MOCIÓN:
1. O Pleno da Corporación de Cerdedo-Cotobade expresa a súa condena ao golpe de estado militar de 1936 e da ditadura franquista.
2. Instar ao goberno local a cumplir cos acordos aprobados no pleno de novembro de 2021 nos que se reclamaba:
a) Creación dunha “Comisión de Seguimento: Eliminación Simboloxía Franquista” existente nos bens públicos conformada por membros do goberno local, concelleiros dos grupos da oposición, representantes das entidades sociais e persoas a título individual de destacado prestixio cuio traballo a prol do cumplimento da lei de memoria histórica sexa de amplo recoñecemento veciñal.
b) Crear unha relación de bens afectados que incumplen a lei da memoria histórica coa súa correspondente documentación. Relación supervisada pola Comisión de Seguimento: Eliminación Simboloxía Franquista.
c) Facer pública a relación dos bens afectados e documentados na web oficial do Concello de Cerdedo-Cotobade paso previo á eliminación da simbolixía franquista.
d) Eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura.
3. Recoñecer públicamente o asasinato do 11 de novembro de 1936 a mans dos fascistas e colocar unha placa conmemorativa dos alí fusilados que honre e dignifique a súa memoria.
