Moción referida á “REFORMA INTEGRAL DA PO-230 E MELLORA DA SEGURANZA VIARIA E HUMANIZACIÓN AO SEU PASO POR FENTÁNS”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O lugar de Fentáns, pertencente á parroquia de San Xurxo de Sacos, conta co paso do vial PO-230 propiedade da Xunta de Galiza. Vial que presenta diversas deficiencias que deben ser atendidas pola administración competente a fin de acadar melloras moi notábeis en materia de seguranza viaria tanto para o tránsito de vehículos e ciclistas como, e especialmente, para o uso da veciñanza que vive a carón da estrada e/ou para o paso das persoas que a utilizan diariamente.

O vial PO-230 conta cun trazado moi irregular, curvas pechadas e cun ancho de vía moi reducido. Ademáis, presenta unha capa de rodadura precaria especialmente nas curvas e outros tramos onde o asfalto está destrozado aumentando así a perigosidade das mesmas. Tampouco conta con aceras nas travesías ou cunha iluminación axeitada ás características do sinuoso trazado.

O BNG propón unha mellora integral e a humanización da PO-230 para garantirlle á veciñanza de Fentáns unha boa e segura infraestructura viaria que, á súa vez, a sitúe en igualdade de condicións a respecto do resto da veciñanza do concello.

Nembargantes, o BNG é consciente de que a estrada PO-230 vertebra a beira dereita do Lérez e en maior medida aos lugares do veciño concello de Campo Lameiro. Cómpre sinalar que esta estrada -dende a capital municipal do mesmo até a rotonda no que entronca o vial que comunica co Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR)- xa foi obxecto de melloras anos atrás polo que a Xunta de Galiza debe levar a cabo unha reforma integral a partires do km2 da PO-230 até a súa unión co lugar do Serrapio, en Cerdedo-Cotobade, para garantir a seguridade no total da estrada e a humanización das travesías dos lugares, entre eles Fentáns, polos que pasa e concecta dito vial.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte

Moción:

1. Instar á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galiza a levar a cabo unha reforma integral da PO-230 prestando especial atención á seguranza viaria e a humanización das travesías dos lugares polos que pasa o seu trazado dende Campo Lameiro (km2) até Serrapio a fin de garantir a seguridade no tránsito e a calidade de vida da veciñanza de Fentáns e de tod@s @usuari@s do vial.