Moción referida á "RESTAURACIÓN INTEGRAL DA PONTE MEDIEVAL DE PEDRE”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG, recolleu as inquedanzas da veciñanza e do Colectivo Capitan Gosende a respeito da lamentábel situación de esbarroamento na que se atopa hoxe a Ponte de Pedre. A ponte medieval (s.XII-XV) conta con 60m de lonxitude, tres arcos lixeiramente apuntados de diversas dimensións, peitorís a ambos lados da plataforma peonil, dous tallamares e dous contrafortes. Un dos contrafortes, o de maior tamaño, 4,80m de ancho frontal e 3,25m de fondo; é o que está derrubado tal e como denuncia o BNG. Ademáis, a ponte sofre de múltiples fendas e dilatacions perfectamente visíbeis entre os sillares e a mampostería que o compoñen.

O estado de ruina que presenta a Ponte de Pedre é o resultado dun desbroce feito polo concello no 2021 no que comprometeu a infraestrutura ao non realizar accións posteriores de consolidación das estructuras da ponte medieval. Situación que foi denunciada polo colectivo Capitán Gosende en varias ocasións e tamén con iniciativas levadas a pleno por parte do BNG en diferentes ocasións. Así, por exemplo, en marzo de 2023 o BNG instaba ao goberno local a actuar urxentemente tralo derrube do contraforte e polas fendas existentes entre os sillares localizadas en diversos puntos da infraesructura.

Para o BNG é urxente consolidar a totalidade da Ponte de Pedre habida conta da súa importancia histórica, o seu simbolismo para a bisbarra e para as terras de Cerdedo e como recurso de valor turistico se o que se persegue e a aposta polo turismo sostíbel, verde e de calidade.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte MOCIÓN:

1. Instar ao goberno local a executar un proxecto de reforma intergral na ponte medieval de Pedre