Moción referida á “TITULARIDADE E MELLORAS NA ESTRADA BORELA-MIRÓN”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Nos pasados días, o BNG levou a cabo unha visita ao vial que une a EP-0407, Borela, coa EP-0204, en Mirón (Ponte Caldelas) tras recoller o malestar dos e das usuarias polo estado e o trazado da mesma.

Nesta visita poidemos comprobar in situ as deficiencias denunciadas, que veñen a pór de manifesto a necesidade dun plan concreto que aborde a mellora integral da estrada ao longo dos seus 3,6 kms e que pase a formar parte da rede provincial xestionada pola Deputación de Pontevedra.

Cómpre destacar que este treito precisa con urxencia unha reforma estructural, coa eliminación dalgunhas curvas, a ampliación do radio de curvatura dalgunhas outras e aumentar o ancho da estrada; habida conta do elevado número de vehículos que pasan por ela en dirección a Ponte Caldelas e, máis concretamente, ao polígono empresarial da Reigosa, e viceversa.

Este proxecto debe prestar especial á seguranza viaria, adoptando todas as medidas precisas que garantan o tránsito seguro ás persoas e a redución da velocidade dos vehículos que transitan pola estrada.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte MOCIÓN:

1. Instar ao goberno local a xestionar a consecución dun proxecto de reforma integral da estrada que une a EP-0407 (Borela) coa EP-0204, en Mirón (Ponte Caldelas) prestando especial atención á seguridade viaria, ciclista e peonil dado o uso habitual da mesma por parte da veciñanza de Borela e doutras parroquias de Cerdedo-Cotobade.

2. Instar ao goberno local a que xestione coas administracións involucradas o traspaso da titularidade da estrada que une a EP-0407 (Borela) coa EP-0204, en Mirón (Ponte Caldelas) á Deputación de Pontevedra.