Moción referida ao “CUMPLIMENTO DA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Sr Alcalde:

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida ao “CUMPLIMENTO DA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A lei de memoria histórica de 2007 establece no artigo 15 que as administracións públicas tomarán medidas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar, da guerra civil e da represión da Ditadura.

Está claro que o símbolo do xugo e as flechas representa o ideario da ditadura franquista e que no seu nome levouse a cabo unha brutal e cruenta persecución e eliminación de persoas por motivos políticos.

Os concellos están obrigados pola lei á retirar estes símbolos. O que parece ser que se fixo nestes casos é todo o contrario, facelos aínda máis visibles.

O BNG pide que se faga por razóns legais, para cumprir a lei. Sobre todo solicítase que se faga por ser contrarios aos valores democráticos e por atentar contra a dignidade e a memoria das vítimas da ditadura.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Creación dunha “Comisión de Seguimento: Eliminación Simboloxía Franquista” existente nos bens públicos conformada por membros do goberno local, concelleiros dos grupos da oposición, representantes das entidades sociais e persoas a título individual de destacado prestixio cuio traballo a prol do cumplimento da lei de memoria histórica sexa de amplo recoñecemento veciñal.
  2. Crear unha relación de bens afectados que incumplen a lei da memoria histórica coa súa correspondente documentación. Relación supervisada pola Comisión de Seguimento: Eliminación Simboloxía Franquista.
  3. Facer pública a relación dos bens afectados e documentados na web oficial do Concello de Cerdedo-Cotobade paso previo á eliminación da simbolixía franquista.
  4. Eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura ao longo de 2022.