MOCIÓN referida aos "CORTES HABITUAIS NOS SERVIZOS BÁSICOS DE LUZ, TELEFONÍA E INTERNET" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG de Cerdedo-Cotobade ben de recoller as queixas e reclamacións de veciñas e veciños das diferentes parroquias do territorio de Cerdedo que veñen de manifestar problemas na prestación dos servicios de electricidade, teléfono e internete coas primeiras tormentas da temporada de borrascas habituais. De feito é un problema habitual e sostido no tempo. A veciñanza constata caídas no suministro eléctrico durante horas e con subidas e baixadas de potencia que leva, en ocasións, ao deterioro dos electrodomésticos, á perda de alimentos e a incomidade de verse sen luz nos fogares, situación agravada no caso de persoas maiores soas cuia propia integridade física e psíquica se pon en perigo. Asemade, hai unha queixa xeralizada do corte de suministro do servizo de teléfono e internete nos días de choivas, ventos e tormentas. Un problema agravado non só pola caída durante a incidencia senón pola tardanza da suministradora á hora de restablecer o servizo. A estes problemas debemos engadir a repercusión negativa para aqueles veciños e veciñas que teletraballan e para a economía dos autónomos e pequenos comerciantes.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte

Moción:

1. Reclamarlle ás compañías que ofrecen os servizos de elctricidade, teléfono e internete  ás parroquias de Cerdedo-Cotobade as obras precisas que supoñan a modernización das redes dos suministros a fin de evitar ao máximo os problemas que sofre habitualmente a veciñanza en tempadas de incidencias metereolóxicas.