O BNG critica o silencio do PP e falla de iniciativa para loitar contra o Parque Eólico Pedra Longa

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O pasado 18 de agosto rematou o prazo para presentar alegacións ao parque eólico Pedra Longa. Un proxecto que afecta especialmente á parroquia de Tomonde e comparte liñas de evacuación co das Penizas e súmase aos outros parques en tramitación que afectan ao nosos concello como o Campo das Rosas, Porto Vidros, Siroco, Tramontana, Ruta e os Cotos. Ademáis, con afeccións moi serias sobre os recursos hídricos e naturais e á calidade de vida da nosa veciñanza. O BNG presentou alegacións o pasado 16 de agosto. Preguntamos:

Presentou o goberno local alegación e informes técnicos ao PE Pedra Longa?

De non telas presentadas, a que foi debido?

Quedamos á espera de prontas respostas.