O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta no rexistro do Concello alegacións contra a liña de alta tensión Os Cotos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

“Como é sabido, a liña de alta tensión do parque eólico dos Cotos cara Ponte Sampaio atravesa numerosos núcleos habitados e vai causar unha grande afección tanto ao patrimonio natural, forestal ás augas e á calidade de vida das persoas dos nucleos polos que pasaría”, afirmou o portavoz nacionalista en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira.

Nas alegacións presentadas faise fincapé na división artificiosa de proxectos na mesma area e coas mesmas liñas de evacuación, para furtar a avaliación ambiental acumulada e sinérxica do conxunto das infraestruturas; na ausencia dunha planificación eólica ordeada e coerente co deseño eólico plasmado na Lei galega 8/2009; na ausencia de informe de repercusión dos parques sobre a Rede Natura 2000, toda vez que ten unha afección moi severa e prexuizos irreparábeis pra a Rede e a súa coerencia; na afección severa para as persoas que viven ou traballan nos nucleos rurais afectados; na ausencia de interese social e utilidade pública, toda vez que responde a un interese estritamente mercantil.

Ademais, Filgueira afirma que “non se garantiza a non afección aos acuíferos e á calidade das masas de auga tanto superficiais como soterradas. Filgueira lembrou, ademais que “a oposición a este proxecto, que supón un ataque contra o país, contra o medio e contra as persoas que viven no rural, foi aprobado a instancias do BNG no pleno celebrado o pasado 28 de setembro”.

Cómpre lembrar, que no pleno do pasado 28 de setembro a corporación municipal por unanimidade rexeitou o proxecto da LAT os Cotos-Pontesampaio a iniciativa do BNG.