O BNG insiste na urxencia de dotar ao 100% das parroquias de Fibra Óptica

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A instalación da fibra óptica leva retraso na súa implantación no conxunto das parroquias do concello. Este servizo de internet de alta velocidade é urxente tanto para particulares como para as pequenas empresas e autónomos do concello para lles permitiría ser máis competitivos no aspecto económico, educativo, …  máxime nas circunstancias actuais.

-Cales son os avances da fibra óptica a respeito da súa instalación nas parroquias do concello?
-A que se debe que lugares da mesma parroquia non conte co servizo?
-Para cando ten o goberno previsto dotar ao 100% do territorio municipal de fibra óptica? 

Quedamos á espera de prontas respostas.