Proposta referida aos "PROBLEMAS NA EXTENSIÓN DA FIBRA ÓPTICA EN ALMOFREI"

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS referidas á extensión da fibra óptica na parroquia de Almofrei.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

De todas e todos é sabido que, a pesar de todas as promesas realizadas, a día de hoxe o concello de Cerdedo-Cotobade vai á cola dos concellos da provincia en canto á extensión da fibra óptica, un servizo que a día de hoxe é fundamental tanto para a actividade económica coma para o lecer.

O alcalde comprometera que en 2023 “o 100% das vivendas de Cerdedo-Cotobade contarían con fibra óptica”. Nada máis lonxe dunha realidade. A día de hoxe son moitos os lugares que carecen de cobertura de fibra.

O pasado ano o señor Cubela asistíu a unha reunión veciñal en Almofrei, acompañado por unha comercial de Movistar, na que arredor de 60 veciños e veciñas fixeron a presolicitude para a colocación da fibra.

A día de hoxe existe un certo malestar entre a veciñanza de Almofrei, xa que para 74 casas só se instalou unha caixa con 16 enganches na entrada do lugar da Fontenova, mentres que, ao seu carón, no lugar de Vilanova, cunha poboación similar, instaláronse varias.     

Por todo o exposto presenta as seguintes preguntas

  1. Que previsións manexa o goberno municipal para que a fibra óptica se extenda a todo o municipio?
  2. A que se debe que no lugar da Fontenova só se colocase unha caixa con 16 enganches para 74 vivendas?
  3. Ten previsto realizar algún tipo de xestión coa operadora para se poña fin a esta anomalía e tanto as veciñas e veciños de Almofrei, como dos outros lugares do concello que carecen de fibra óptica, poidan contar con este servizo nun breve prazo de tempo?