A desidia de Cubela a respecto do lamentable estado dos viais municipais fai que o BNG repregunte no pleno de novembro

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes preguntas instando á súa resposta:

O pasado mes de agosto o BNG levou ao pleno a súa preocupación a respecto do estado lementábel da capa de rodadura nos viais de titularidade municipal logo de recibiren queixas da veciñanza en diversas parroquias. A pesares do compriso do goberno no pleno de agosto para subsanar esta precaria situación a realidade é que nada fixo neste tempo. Así pois, repregunta o BNG

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Conta o goberno municipal cun estudo de avaliación que valore a situación actual da rede viaria de titularidade municipal?

-Ten previsto por en marcha un plan de mellora nos viais municipais especialmente naquelas onde as fochancas poñen en risco a seguranza dos e das conductoras e dos ciclistas?

-Conta cunha partida económica para atender as necesidades de reparación que precisa a rede viaria local?

-Se contan con orzamento de canto é partida económica?

-Se non conta con orzamento para estas actuacións, prevé o goberno unha partida nos vindeiros orzamentos que aínda ten sen aprobar pese á contaren coa maioría da corporación?

Quedamos á espera de prontas respostas.