Filgueira insta ao Goberno Local a vixiar o estado das luminarias e as tapas do saneamento de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Nos últimas días varias persoas residentes en Cerdedo fixéronnos saber que varias bombillas do alumeado público das vías interiores do núcleo atópanse fundidas. Asemade, déronnos conta dunha arqueta en moi mal estado diante da marquesiña no inicio da estrada que baixa ás piscinas fluviais, arqueta que pon en perigo o paso de vehículos e peons. Rogamos reposición á maior brevidade posible.

Ademáis, temos coñecemento de voluminosos no tramo da nacional vello que vai dende Pedre até Vichocuntín. Rogamos sexa retirado á maior brevidade posible.