Filgueira pregunta pola falta de respostas por parte do Alcalde ás demandas do BNG rexistradas en 2019

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira presenta a seguinte pregunta instando á súa resposta:

Cando van ser respostadas as diversas demandas rexistradas polo BNG no 2019 no portelo municipal referidas aos seguintes cuestións?

1- Problemas sinal TV en Santa María de Sacos. Rexistro: 2019-E-RC-5149

Na parroquia de Santa María de Sacos existe un problema vinculado a mala recepción do sinal de TV. É un problema que causa malestar entre a veciñanza restando calidade de vida ante a ausencia de tempo de entretemento e esparexemento persoal. Ademáis, está a repercutir negativamente nas posibilidades reais de atoparse plenamente informada. ¿É o goberno coñecedor desta problemática? ¿Cal é a solución que ofrece o goberno á veciñanza? ¿En qué prazo de tempo? 

2- Verquidos localizados ao longo da N-541. Rexistro: 2019-E-RC-5150

A Ponte, A Bocadarna (preto do Hostal Chola) e a Belesa ( a altura do Cádavo); todo situados na parroquia de Santa María de Sacos

Puntos do lugar de Calvelo, Viascón e Vichocuntín (un coche abandoado)

¿É o goberno coñecedor desta problemática? ¿Sabe o goberno do rexeitamento veciñal cara estos verquidos? ¿Está o goberno a trasladar á administración competente deste vial tal problemática e está a requirir de xeito urxente a limpeza e o adecentamento dos diferentes espazos descritos?