Desbloqueada a reforma integral da estrada de Almofrei

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

A utilidade do BNG para mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “Agardo máis éxitos en beneficio da veciñanza utilizando o diálogo social e o político como eixos para desatascar os proxetos clave que valoricen servizos, melloren infraestructuras e axuden a fixar a poboación nas nosas parroquias ”

Vense de producir unha boa nova: por fin se desbloquea a tan ansiada e necesaria reforma integral da EP-0405 entre Xesteira-Almofrei, seguindo os criterios de mobilidade actuais que fomentan a mobilidade peonil, e apostan polo calmado de tráfico e a seguranza viaria.

E faise logo de que o BNG tomase a iniciativa política, primeiro coas reunións veciñais, despois coa presentación dunha moción no Concello, que foi aprobada coa abstención do PP, e por último, falando directamente co deputado responsábel durante a súa visita ás obras da Chan.

Foi o Portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, quen de conseguir que Jorge Cubela, dese marcha atrás na súa actitude obstaculizadora e apoiase, agora, a reforma da estrada completa, integral, até a Igrexa, seguindo os criterios razonabeis de calmado de tráfico, seguranza viaria e mobilidade peonil. E desde o BNG non podemos facer menos que agradecer este cambio de postura do alcalde, que agora asume a nosa postura.

A reforma desta estrada é unha demanda histórica do vecindario, que servirá tanto para mellorar a seguranza viaria, como para vertebrar o territorio.

Ernesto Filgueira: “Que poidamos contar cunha estrada segura en Almofrei é unha moi boa nova para todos e todas, e demostra que cando hai vontade, e non se obstaculiza, podemos mellorar, e moito”