Veciñanza de Rebordelo reclaman medidas de calmado de tráfico no vial da parroquia

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

En datas recentes a equipa do BNG dirixida polo portavoz municipal Ernesto Filgueira fixo unha visita á parroquia de Rebordelo a fin de analizar a situación actual das vías de comunicación e especialmente, o nível de seguranza viaria da EP-0403 dende Carballedo ata o seu entronque na PO-233 despois da área de recreo do Pozo Negro. O resultado foi a comprobación do paso de vehículos a alta velocidade, sobre todo, no tramo comprendido entre as piscinas fluviais e a praza da Casa do Pobo debido á perigrosidade á que está exposta a veciñanza que vive pegada ao vial e aos peóns e ciclistas que se sirven del.

PREGUNTAS

¿É o goberno local coñecedor desta situación?

¿Ten previsto solicitarlle á administración titular do vial -Deputación Provincial- melloras en materia de seguranza peonil e calmado do tráfico, especialmente no tramo comprendido entre a praza da Casa do Pobo e a área de recreo o Pozo Negro?