O BNG urxe ao goberno a a xestionar melloras de calmado do tráfico na estrada de Borela

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O pasado 6 de maio rexistrei un escrito instando ao goberno municipal a que de xeito urxente faga as xestións oportunas para conquerir melloras de calmado do tráfico na estrada que atravesa o núcleo de Borela, especialmente á altura do Centro Cultural Nélida Piñón.
Na mesma tamén solicitaba ao goberno municipal que cumpra cos acordos aprobados por unanimidade da corporación a respeito da moción presentada polo BNG ao Pleno de finais de novembro de 2019 na que se recollían as seguintes medidas e xestionar diante da administración competente a execución das mesmas: 

“Instar á Deputación Provincial de Pontevedra, titular do vial EP-0407, a levar a cabo accións de mellora de trazado, calmado de tráfico e a creación dun vial peonil/ ciclista paralelo á plataforma rodada dende a PO-233 ata o entronque co camiño qu chega ao lugar da Graña para garantizar a seguranza viaria da veciñanza de Borela, dos usuarios e ciclistas e reducir a velocidade do tráfico rodado no total da estrada e especialmente na zona dos equipamentos públicos”. 

Fixo o goberno as xestión oportunas para darlle resposta a esta demanda veciñal? De ser así en que consisten estas? E se non se fixeron, cal é o motivo do retraso cando hai un problema serio de seguranza viaria na parroquia?

Quedamos á espera de prontas respostas.