Ernesto Filguiera pregunta polos 28.183€ en concepto de publicidade gastados polo goberno do sr Cubela

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Da revisión dos movimentos contábeis das distintas partidas no libro maior da conta número 22602 de PUBLICIDADE E PROPAGANDA correspondente ao exercicio 2020, extraemos as seguintes conclusións:

  1. O importe total acumulado das obrigas recoñecidas e de pagamentos efectivos para esta conta ascendeu a 28.183,09 € durante o 2020.
  2. En concreto, o concello pagou os importes que se relacionan as seguintes  empresas de comunicación: 

Empresa de comunicación

Importe pagado durante 2020

Virtual Vedra Comunicación S.L. 

NIF: B94063567

4.658,50 €

Daniel Fernández Maissa 

NIF: 76868234A

8.167,50 €

 

  1. Cales son os servizos concretos de comunicación que prestan ditas empresas ao Concello?
  2. Realiza-se algún tipo de avaliación da eficacia da función comunicativa de ditas empresas?
  3. Existe algún contrato administrativo asinado con algunhas das empresas acreedoras de servizos de publicidade e comunicación, aínda considerando que o importe de ditos servizos cumpre os requisitos para ser de adxudicación directa?

Quedamos á espera de prontas respostas.