Filgueira demanda reclamar a Fomento máis seguridade vial na nacional ao seu paso por Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira demanda do Pleno reclamar a Fomento máis seguridade vial na nacional ao seu paso por Cerdedo.

Ernesto Filgueira: “Cando nuns tramos concretos dun vial se están a producir sinistros frecuentes con pérdida de vidas o lóxico é actuar de xeito inmediato para garantir a seguridade vial, de non facelo o seu titular estaría a incurrir en deixadez de funcións, algo moi grave”.

O portavoz local dos nacionalistas, Ernesto Filgueira, ven de presentar unha moción no portelo municipal co obxectivo de acadar a unanimidade do Pleno para elevar ao Ministerio de Fomento unha reclamación urxente de mellora na seguridade viaria da N-541 entre os puntos km 60-62 ao seu paso polos lugares de Cernados e Folgoso, entrada este a Cerdedo núcleo. Trátase dun tramo de nacional que acumula accidentes frecuentes, mesmo nalgún caso con vítimas mortais. 
O veciño Alberto Cadavid xunto ao portavoz Ernesto Filgueira veñen de se reunir coa veciñanza dos lugares afectados na que recolleron as eivas coas que conta o vial de titularidade estatal: cunetas con residuos de biomasa e bloques de pedras, alteración da capa de rodadura, inseguridade á hora de trazar as curvas cuns peraltes que non axudan a fixarte á estrada … e ademáis, o temor ao que se enfrentan os usuarios nesta época do ano na que estamos a entrar, pois, as choivas e os ventos facilitan que as follas das árbores queden na estrada descompoñéndose e contribuindo á perda de adherencia dos vehículos.
Por todos estos motivos, o nacionalista Filgueira solicitará diante do Pleno a aprobación por unanimidade da moción presentada a fin de reclamarlle a Fomento un estudo urxente da situación técnica na que se atopa o tramo da nacional comprendido entre os p. kms. 60-62, esixirlle a limpeza das cunetas e a retirada dos grandes bloques de pedra existentes, repoñer a actual capa de rodadura por un aglomerado antideslizante e demandarlle a reducción do límite de velocidade. 
O BNG xa ten solicitado melloras de seguridade viaria noutros tramos da N-541 ao seu paso por Cotobade como por exemplo Calvelo, os accesos aos lugares de Cutián e do Cádavo así como do fin das obras da rotonda oeste de Cerdedo.

Ernesto Filgueira: “Desexo arrincar do PP e do Psoe un compromiso de frente común que nos permita acadar de Fomento melloras urxentes ao longo da estrada nacional para que esta deixe de estar no rankin con maior puntos negros do estado e se reduzan as vítimas mortais á minima expresión”.