Ernesto Filgueira rexistra unha moción para solicitar a mellora da EP-7102 entre Bugarín e Fondós 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Agardo o voto favorable do PP e do Psoe para a aprobación da “Moción de Mellora da Estrada Bugarín- Fondós” que serviría para incrementar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida veciñal”.

O BNG de Cerdedo e Cotobade acaba de rexistrar unha Moción para ser debatida e aprobada no vindeiro Pleno Municipal de final de mes no que ten como obxecto facer público a necesidade de conquerir un proxecto de mellora de trazado da estrada provincial EP-7102 entre os núcleos de Bugarín e Fondós, na parroquia de Quireza. Así pois, é o único tramo do conxunto da vía que une o Serrapio con Portela que non foi reformada e que está a causar malestar entre os seus usuarios. As queixas foron recollidas polos integrantes do BNG local nunha asemblea de participación aberta na que a veciñanza manifestou o desexo de veren as obras de mellora da estrada en marcha para contaren, no menor tempo posible, cun treito de vía de características semellantes ao conxunto da estrada xa rehabilitada. Ademáis, o BNG considera que a reforma deste tramo debe ser unha prioridade, pois, presenta un trazado estreito, sen cunetas, totalmente bacheado, sen o pintado de carrís ben definido ou inexistente e outras deficiencias que provocan unha enorme inseguridade á veciñanza que diariamente transitan por este tramo sen reformar.

Por este motivo, Ernesto Filgueira vailles solicitar tanto a Jorge Cubela e ao seu grupo de goberno como ao Partido Socialista que voten favorablemente á mesma e insta a Jorge Cubela a que acade da Deputación Provincial o compromiso de actuar urxentemente sobre o deficiente e perigoso trazado da EP-7102 ao seu paso entre Bugarín e Fondós.