Ernesto Filgueira rexistra unha moción para solicitar da Consellaría de Educación que se pechen aulas por agrupamento de crianzas no Ceip de Tenorio

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Se se quixese apostar claramente por loitar contra o despoboamento do rural, o mantemento dun ensino público e de calidade debería ser das primeiras medidas da Xunta de Galiza”.

O peche de aulas no medio rural é unha constante nas últimas décadas e viuse agudizada coa chegada ao poder de Feijóo. Falamos de unitarias mais non só: tamén pechan aulas en centros rurais de tamaño medio que van ficando reducidos á mínima expresión e convertendo o seu peche nunha morte anunciada. A hipocrisía do goberno galego acada, no trato que dispensa ao medio rural, unha das súas máis altas cotas: ao tempo que elimina servizos públicos nas aldeas e pequenas vilas do país (escolas, centros de saúde, servizos sociais..) entoa ladaíñas e dáse golpes no peito a falar da desertización no rural e na necesidade de frear a sangría de poboación.

Desta vez tóca-nos perto poque o rural sofre de forma especial ditos recurtes. Confirma-se a perda de docentes no CEIP de Tenorio por agrupamento de aulas en primaria, como acontece no de Verducido (Pontevedra) ou no de Valadares (Vigo).

O alcalde-presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade Sr. Cubela é copartícipe da propaganda que o presidente da Xunta de Galiza, D. Alberto Nuñez Feijoo realiza mediante as obras están a realizar en dito coléxio que chegan con dúcias de anos de retraso.

Ademais, o delegado territorial da Consellaría de Educación en Pontevesdra, Cesar Augusto Pérez Ares até chegou a a ameazar con retirar o servizo de cociña do comedor escolar e substitui-lo con un catering de convocar-se algun tipo de protesto.

Solicitamos do alcalde Sr. Cubela que medie ante a Delegación Territorial da Consellaría de Educación da Xunta e ante o próprio próprio Presidente Sr. Feijoo para que consideren a anulación de ditas modifi cacións para evitar a discriminación das crianzas no noso rural e polo menos manteñan o número de docentes e aulas do pasado curso.