Moción referida ao "PECHE DE AULAS NA ENSINANZA NO CEIP DE TENORIO" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo e Cotobade presenta a seguinte Moción referida ao “peche de aulas na ensinanza primaria no CEIP de Tenorio”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. A Consellería de Educación da Xunta de Galiza ven de tomar a decisión de unificar aulas no CEIP de Tenorio levando a cabo unha reorganización na primaria baixo a xustificación das ratios por alumnos sen teren en conta que incide negativamente no mantemento dos servizos públicos no rural.
  2. Asemade, causa un deterioro na prestación da ensinanza de calidade en tanto en canto repercute negativamente no número de docentes que conforman o claustro do centro educativo adicados á práctica das súas responsabilidades coma educadores.
  3. Unha medida deste calibre debera ser adoptada no marco dunha negociación entre o centro, Anpa, Concello de Cerdedo e Cotobade así como aqueles pais e nais do alumnado afectado pola unificación.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo e Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Goberno Local presidido polo Alcalde Jorge Cubela a darlle traslado á Consellería de Educación unha solicitude de anulación das medidas de peche de aulas por agrupamento de crianzas de distintos cursos no CEIP de Tenorio e revirtan a eliminación das plazas do persoal docente que corresponda a fin de manter os servizos públicos de calidade que garantan o mantemento da poboación no rural de Cerdedo e Cotobade.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF