Moción referida á "MELLORA DO TRAZADO DA EP-7102 SERRAPIO-A PORTELA"

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo e Cotobade presenta a seguinte Moción referida á mellora do trazado da estrada EP.7102_SERRAPIO-A PORTELA no tramo comprendido entre os lugares de BUGARÍN e FONDÓS da parroquia de Quireza.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. O actual trazado da estrada EP-7102 entre os núcleos de Bugarín e Fondós precisa con urxencia dunha actuación de mellora co fin de rematar na súa totalidade a reforma integral do conxunto da vía provincial.
  2. O trazado que presenta este tramo de vía non é o requerido a fin de garantizar a seguridade viaria dado a seu ancho, curvas, bordes da plataforma indefinidos, escasa sinalización horizontal e o malo ou inexistente pintado dos trazos lateráis da vía.
  3. A fonda situación de deterioro do firme non garantiza a seguridade na rodadura para os seus usuarios: peóns, ciclistas, transporte público e vehículos privados.
  4. Demanda veciñal por acadaren unha vía arranxada, de bo firme que garantice as comunicacións interveciñáis e coexista o uso dos distintos medios de transporte co correspondente calmado do tráfico.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Goberno Local a tramitar a mellora do tramo que discorre entre os núcleos de Bugarín e Fondós da estrada EP-7102 diante da institución titular correspondente, a Deputación de Pontevedra, as actuacións requeridas para acondicionar este tramo de vía a fin de que vaia á par co conxunto da estrada e garantice a seguridade e mobilidade rodada e peonil; coa colaboración e responsabilidade que lle corresponde á institución local.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF