O BNG reúnese con veciños de Viascón para informarlles da moción aprobada no Pleno sobre o proxecto de ampliación da N-541

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Estamos no bo camiño, pero non debemos baixar a garda até que o ministerio de Fomento desbote definitivamento o proxecto de ampliación da N-541 ao seu paso por Viascón”

O BNG, a través do responsábel local, Anxo Santomé, e o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, mantivo no día de onte un encontro con veciños e veciñas afectadas polo proxecto de ampliación da N-541 en Viascón, para explicarlles a moción que, a instancias de formación nacionalista, aprobou por unanimidade o pleno da Corporación.

Ernesto Filgueira salientou a importancia de que se aprobase por unanimidade a moción, así como a unidade mostrada polos veciños e veciñas de Viascón e a súa firmeza á hora de enfrontar un proxecto tremendamente lesivo para a mobilidade e os negocios que xeran riqueza na parroquia.

O portavoz do BNG instou aos veciños a non baixar a garda até que o ministerio desbote, definitivamente, un proxecto que ninguén quere. “Hai que estar atentos - dixo- porque mentres o proxecto exista, existe a amenaza”. Non obstante, Filgueira mostrouse convencido de que a unidade mostrada polas forzas políticas e o vecindario conseguirá os seus obxectivos.

Os dirixentes do BNG, que están a celebrar reunións periódicas nos diferentes lugares e parroquias para explicar as súas iniciativas e recabar as demandas do vecindario, agradeceronlle aos veciños e veciñas de Viascón á súa firmeza á hora de defender unha postura seria e coherente a respeito da N-541, porque “só sendo firmes seremos quen de lograr as melloras que a parroquia e o concello precisan”