Situación vías en Tenorio, Borela, Trabazo. Saneamento de Tenorio. Escombreira en Almofrei.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

PREGUNTAS PARA O GOBERNO NA SESIÓN PLENARIA DO 28 DE NOVEMBRO DO ANO 19:

  • Ten o goberno coñecemento dos verquidos que se están a producir no antigo campo de fútbol das Boliñas, en Almofrei? Qué medidas ten pensado levar para rematar con esta escombrera? Qué prazo de tempo estima oportuno para proceder á eliminación dos mesmos?
  • É o goberno coñecedor do estado actual do Camiño da Caldela, Borela? Son coñecedores de qué o seu tamaño non permite o paso dunha ambulancia ou dun camión de bombeiros? Teñen prevista algunha actuación de mellora nesta vía? En qué prazos?
  • Cómo é sabido estase a acometer unha actuación de ensanche na estrada que une Sacos con Trabazo. Está previsto continuar co ensanche da vía até a PO-232 (Cuspedriños-Carballedo) para darlle uniformidade ao total da estrada? Por onde iría ese trazado? Está previsto intervir e acondicionar o vial do lugar de Trabazo?
  • Cómo é sabido estase a acometer unha actuación de ensanche na estrada que une Sacos con Trabazo. Está previsto continuar co ensanche da vía até a PO-232 (Cuspedriños-Carballedo) para darlle uniformidade ao total da estrada? Por onde iría ese trazado? Está previsto intervir e acondicionar o vial do lugar de Trabazo?
  • Actualmente estanse a acometer obras na rede de saneamento de Tenorio. A fin de evitar problemas futuros e antes de dar por finalizados ditos traballos: É coñecedor o goberno de que a auga da fonte da Picada foi conducida cara os camiño do seu entorno? Sabe o goberno cómo van quedar os accesos e a plataforma dos camiños da Choza e Aldráns? Qué ten previsto facer o goberno no camiño que vai por debaixo do IES por encima das Grandes logo das obras?
  • Previamente á campaña eleitoral acometeuse un asfaltado da vía que une o lugar do Redondo con Tenorio (xunto ás casas de madeira), obra que quedou sen ramatar cuasando un perxuízo á familia que alí vive. Ten o goberno coñecemento deste prexuizo? Teñen previsto levar a cabo obras que supoñan o asfaltado final dun tramo dese camiño, dotalo de cunetas que canalicen as pluviais?