O BNG denuncia a situación de abandono no que se atopa o mobiliario público do concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

O BNG de Cerdedo-Cotobade recolle en diversas conversas coa veciñanza de diferentes parroquias a preocupación existente polo estado de deterioro no que se atopa o mobiliario público municipal. Existen parques infantís (o parque do lugar de Rascadería) totalmente esquencidos pola acción do goberno. Bancos  (Tenorio, Santa María, Cerdedo) cuias madeiras están podrecidas como consecuencia do paso do tempo. Varandas de áreas de recreo que seguen sen ser repostas a pesares de telo solicitado en diferentes pleno municipais (como o da Soldada). E outros puntos que deberan ser obxecto de revisión e mellora ou reposición se fora preciso.

O BNG roga ao sr Alcalde:

-Activar un plan de revisión para detectar o mobiliario público en mal estado para proceder a súa reposición ou mantemento con carácter de urxencia.

Quedamos á espera de prontas novas.