Ernesto Filgueira insta, por enésima vez, a Cubela a cumprir coa súa palabra e levar a Fibra Óptica a todo o concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

 

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

De todas e todos é sabido que, a pesar de todas as promesas realizadas, a día de hoxe o concello de Cerdedo-Cotobade vai á cola dos concellos da provincia en canto á extensión da fibra óptica, un servizo que a día de hoxe é fundamental tanto para a actividade económica coma para o lecer.

O alcalde comprometera que en 2023 “o 100% das vivendas de Cerdedo-Cotobade contarían con fibra óptica”. Nada máis lonxe dunha realidade. A día de hoxe son moitos os lugares que carecen de cobertura de fibra.

O pasado ano o señor Cubela asistíu a unha reunión veciñal por parroquia acompañado por unha comercial de Movistar, na que a veciñanza fixo a presolicitude para a colocación da fibra.

A día de hoxe existe un certo malestar entre a veciñanza do concello. Poñamos como exemplo á situación de Almofrei: para 74 casas só se instalou unha caixa con 16 enganches na entrada do lugar da Fontenova. Esta é unha situación que se repite en moitas outras parroquias do concello.

Con sorpresa, asistimos á publicación dunha nova no Diario o pasado 30 marzo cuio titular foi: “Cerdedo-Cotobade alcanza el 71% de cobertura de fibra óptica en su territorio”, polo que …

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

  1. Que previsións manexa o goberno municipal para que a fibra óptica se extenda a todo o municipio?
  2. A que se debe que no lugar da Fontenova só se colocase unha caixa con 16 enganches para 74 vivendas? E que lle parece que isto mesmo ocorra noutras parroquias?
  3. Ten previsto realizar algún tipo de xestión coa operadora para que se poña fin a esta anomalía e tanto as veciñas e veciños de Almofrei, como dos outros lugares do concello que carecen de fibra óptica, poidan contar con este servizo nun breve prazo de tempo?
  4. Cantas casas do concello, e por ende cantas veciñas, teñen acceso á fibra óptica nestes intres para entender o titular da nova do 30 de marzo do Diario?

Quedo á espera de prontas novas.