Ernesto Filgueira pide un Plan de Melloras Urxentes para o lugar de Trabazo, Carballedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

 

O BNG de Cerdedo-Cotobade problemas no conxunto do lugar que requiren dunha intervención urxente por parte do goberno local a fin de mellorar a contorna natural e a calidade de vida da veciñanza de Trabazo. Así pois, a veciñanza da conta da necesidade de actuar no vial do Quinteiro de Arriba xa que está moi deteriorado e solta grava que se ve arrastrada polas augas das choivas cara o Quinteiro de Arriba e Barreiras e máis ao Camiño que une o Cabaleiro coa estrada Sacos-Trabazo. Ademáis, este camiño remata nunha contorna natural presidida por un Carballo centenario, espazo que debería ser obxecto dun tratamento especial que acondicione, humanice e protexa as especies naturais. A veciñanza tamén denuncia as fochancas existentes ao longo de todo o vial que cruza o lugar o que supón un perigo para a serguridade viaria d@s usuari@s además da falla de cunetas que canalicen as augas pluviais.

O BNG roga ao sr Alcalde:

-Mellorar o vial do Quinteiro de Arriba e dotar dun espazo acondicionado e humanizado no que a prioridade sexa a conservación das especies naturais, con algún carballo centenario, localizado ao fin do vial.

-Reposición urxente da capa de rodadura do vial que atravesa Trabazo.

-Construción de cunetas para canalizar as augas pluviais.

Quedamos á espera de prontas novas.