Ernesto Filgueira aposta pola reforma integral da estrada de Almofrei

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Rexistramos a Moción de mellora integral da estrada de Almofrei porque nos consta o sentimento de malestar que ten a veciñanza desta parroquia ao sentírense cidadáns de segunda. Quero arrincar o compromiso da corporación municipal de que ímos traballar arreo para que a Deputación acometa unha obra que leve a Almofrei ao século XXI”.

O BNG de Cerdedo-Cotobade acaba de rexistrar unha Moción para ser debatida e aprobada no vindeiro Pleno Municipal no que ten como obxecto instar á Deputación Provincial a conquerir un proxecto de reforma integral da EP-0405 dende o seu enlace coa PO-233 ata o seu entronque na praza da Igrexa Parroquial. O BNG entende que a estrada de Almofrei require dunha importante mellora para reducir as curvas, calmar o tráfico, mellorar a plataforma de rodadura e dotala de maior seguranza peonil para viandantes e ciclistas.

O BNG considera prioritario relanzar este proxecto de mellora viaria dada a súa función de vertebración veciñal polo que debe prestar os mellores dos servizos en materia de mobilidade e contar coas garantías en seguridade vial propias dunha estrada provincial que da servizo tanto á veciñanza coma aos usuarios que se achegan ao espazo histórico e natural das pozas do río Almofrei.

Entende o grupo nacionalista que esta obra comeza a ser unha demanda histórica de reclamación veciñal desouvida durante anos que está a perxudicar a calidade de vida da veciñanza poñéndo en risco tanto a vida dos conductores como dos peóns que diariamente utilizan esta vía ateigada de curvas, con carrís moi estreitos e sen ningún arcén que facilite o paso seguro das viandantes. O BNG de Filgueira considera que sen unha infraestructura adaptada aos tempos actuais pode pasar a ser un factor que poña en risco o crecemento veciñal da parroquia e favoreza o despoboamento do rural así como incentivar o desaproveitamento dos recursos turísticos que deben servir de axentes dinamizadores do plano económico e cultural da vila.

Ernesto Filgueira: “Esta demanda vai encamiñada ao cumplimento do noso programa eleitoral e a búsqueda de solucións a problemas enconados que xeran un conflicto social e merman a calidade de vida da nosa veciñanza”.