Moción referida á "SEGURANZA VIARIA N-541 AO SEU PASO POR CERDEDO" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida: “SEGURANZA VIARIA N-541 AO SEU PASO POR CERDEDO”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O BNG de Cerdedo-Cotobade ten manifestado -tanto públicamente como noutras mocións- a necesidade de acometer melloras de seguranza viaria de xeito inmediato en diferentes puntos da estrada N-541 ao seu paso polas parroquias de Cerdedo e de Cotobade: Calvelo, acceso a Cutián ou acceso ao lugar do Cádavo.
Nembargantes, debido á frecuencia coa que se están a producir accidentes á altura do núcleo de Cerdedo sobor de todo á altura dos puntos kms 60-62 (moitos deles con vítimas mortais) suxire levar a cabo un estudo que determiñe o ou os motivos polos que estos se producen e determiñen o grao de seguranza viaria que presta a nacional aos seus usuarios, pois, debemos saber se as cunetas están ben acondicionadas, se a capa de rodadura presenta bo estado, se o radio e o peralte do trazado é o óptimo ou mesmo se a estrada está libre de biomasa resultante da concentración arbórea paralela.
Moitos son os motivos que levan ao BNG a presentar esta solicitude máis unha vez o fin da mesma é dotar de seguridade a un vial público moi transitado que merme tanto o número de sinistros como -e moi especialmente- o de falecidos.


Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

Reclamarlle ao Ministerio de Fomento, titular da N-541 entre os p. km. 60-62 ao seu paso polos lugares de Folgoso e Cernados
Un estudo urxente da situación técnica que presenta o vial neste tramo da nacional.
Esixir que deixe as cunetas libre de bloques de pedras e materia de biomasa.
Reclamar a reposición da capa actual de rodadura por un tipo de aglomerado de maior capacidade antideslizante.
Solicitar a reducción do límite de velocidade.