Preguntas dirixidas ao sr Alcalde a prol da situación da sanidade nos centros públicos de Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Malia e todo, consideramos que aínda é unha situación reversible. Este deterioro estase a ver freado pola contestación veciñal en diversos puntos do País. Porén, a política de derribo en materia de sanidade da Xunta está a provocar que a prestación dos servicios sanitarios locais non sexan do nível e calidade que debe percibir a nosa veciñanza polo que:

É sabedor, sr Alcalde, da situación da sanidade nos centros médicos do noso concello?

É consciente que temos prazas médicas en comisión de servizos, outras en situación de “non definitivas” nos diferentes centros de saúde?

Sabe da falta de pediatría no centro de saúde de Cerdedo así como da enfermeira en situación eventual?

É consciente de que temos unha matrona compartida entre os centros de saúde de Tenorio e Carballedo?  É consciente de que falta complementar os servizos de enfermeiría cun profesional máis e de que non hai servizo de pediatría no centro médico de Carballedo? 

Sabe que temos unha pediatra e unha enfermeira pediátrica do centro de saúde de Tenorio compartida con Forcarei? Sabe da situación “non fixa” da enfermeira do centro de saúde de Tenorio?

Ten o Goberno local previsto esixir á Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza revertir esta situación de precariedade profesional nos centros médicos do concello a fin de contarmos cuns servizos de calidade que permitan mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza a sexan claves para fixar poboación? Está previsto contar cun servizo HADO (servizo de hospitalización a Domicilios) nas parroquias do concello?