Alexandre Filgueira (341)

 O BNG demanda ao goberno do PP traballar para solucionar os problemas existentes no lugar de Trabazo 

O BNG reparte entre a veciñanza de Trabazo un boletín informativo coas propostas que levou ao pleno a fin de porlle fin de xeito urxente aos moitos problemas que acusa o lugar.

O BNG leva ao Parlamento galego a mellora da seguridade viaria na PO-233, Bora-Carballedo

Bará demanda que o proxecto inclúa inclúa medidas de urbanización e calmado de tráfico, recollida de pluviais e dotación de mobiliario nas travesías de A Xesteira e As Lagoas. Ernesto Filgueira lembra que as demandas que o BNG leva ao Parlamento galego xa foron aprobadas -coa abstención do PP- no pleno municipal.

O BNG reparte boletín informativo con propostas urxentes de mellora para Vilanova de Tenorio

Filgueira propón a creación dun nucleo de centralidade, mellorar os accesos e os servizos de recollida de pluviais, saneamento e iluminación pública, extender a fibra óptica e outras medidas aprobadas en pleno coa abstención do PP.

O BNG solicita a denegación da solicitude de utilidade pública para a liña de alta tensión entre o SET parque eólico Pico Touriñan e SET Tivo

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, presenta alegacións en tempo e forma e esixe unha contestación razoada ás mesmas.

Ernesto Filgueira insta, por enésima vez, a Cubela a cumprir coa súa palabra e levar a Fibra Óptica a todo o concello

O BNG impulsa un conxunto de propostas para o vindeiro pleno do 5 de abril nas que se lle replica ao Alcalde a súas contradicións constantes a prol da verdadeira situación a prol da extensión do Fibra no total do termo municipal.