Novas (176)

 O BNG demanda ao goberno do PP traballar para solucionar os problemas existentes no lugar de Trabazo 

O BNG reparte entre a veciñanza de Trabazo un boletín informativo coas propostas que levou ao pleno a fin de porlle fin de xeito urxente aos moitos problemas que acusa o lugar.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Parlamento galego a mellora da seguridade viaria na PO-233, Bora-Carballedo

Bará demanda que o proxecto inclúa inclúa medidas de urbanización e calmado de tráfico, recollida de pluviais e dotación de mobiliario nas travesías de A Xesteira e As Lagoas. Ernesto Filgueira lembra que as demandas que o BNG leva ao Parlamento galego xa foron aprobadas -coa abstención do PP- no pleno municipal.

Por Alexandre Filgueira

O BNG reparte boletín informativo con propostas urxentes de mellora para Vilanova de Tenorio

Filgueira propón a creación dun nucleo de centralidade, mellorar os accesos e os servizos de recollida de pluviais, saneamento e iluminación pública, extender a fibra óptica e outras medidas aprobadas en pleno coa abstención do PP.

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita a denegación da solicitude de utilidade pública para a liña de alta tensión entre o SET parque eólico Pico Touriñan e SET Tivo

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, presenta alegacións en tempo e forma e esixe unha contestación razoada ás mesmas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda un plan de melloras urxentes no Lugar de Vilanova, Tenorio

Filgueira propón a creación dun nucleo de centralidade, mellorar os accesos e os servizos de recollida de pluviais, saneamento e iluminación pública, así como extender a fibra óptica a todo o lugar.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta a Cubela a garantir que a fibra óptica chegue a todo o Concello e solucione os problemas ocasionados en Almofrei

Malestar na veciñanza de Almofrei, a instalarse unha soa caixa con 16 enganches para 74 vivendas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insiste na necesidade e urxencia de contar con servizos de emerxencia axeitados para atender as demandas da poboación

Ernesto Filgueira: “Insto a Cubela a deixar a súa actitude pasiva e tomar a iniciativa para impulsar un novo parque de bombeiros e uns servizos sanitarios acordes coas necesidades dos veciños e veciñas”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta a Cubela a renovar urxentemente os convenios de cesión das Casas do Pobo ás entidades veciñais de Borela, Augasantas, Caroi, Almofrei, Rebordelo e Tenorio 

Ernesto Filgueira esíxelle ao PP que leve a renovación dos convenios ao pleno municipal de xaneiro para que non haxa inseguridade xurídica nin se lle quite á veciñanza a posibilidade de se presentar ás subvencións da Deputación Provincial. Cerdedo-Cotobade, 9 de xaneiro de 2024.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta a Cubela a reconsiderar o Plan especial de Infraestruturas e Dotacións nas proximidades das piscinas fluviais de Cerdedo 

O BNG insta ao goberno local do PP a apostar por un proxecto máis respetuoso co medio natural e coa veciñanza e abandoe a teima de levantar máis infraestructuras que teñen por obxecto especular coa súa privatización.

Por Alexandre Filgueira

O BNG vota en contra da suba de taxas do lixo e saneamento en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira: “Moito predicar baixada de taxas e impostos, pero cando chega a hora da verdade, o PP sempre as suben”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta no rexistro do Concello alegacións contra a liña de alta tensión Os Cotos

O Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade aproba unha moción do BNG de rexeitamento da liña de alta tensión Cotos-Pontesampaio.

Por Alexandre Filgueira

O BNG propón no Congreso un Plan de Reforma Integral da N-541 e axilizar a mellora na zona da Ponte de Pedre, onde aconteceu o tráxico accidente de bus

Néstor Rego reprocha ao Ministerio de Transportes que aínda non teña acometido medidas no lugar onde morreron sete persoas “e eso que era una obra de emerxencia”. Alega a necesidade dun Plan Integral para “evitar facer remendos”.

Por Alexandre Filgueira

Na conta xeral de 2022 de Cerdedo-Cotobade constátase que quedou sen executar case o 20% do orzamento, fundamentalmente en partidas de gran importancia social

Filgueira destaca que o estudo realizado polo economista Joám Romero da Conta Xeral confirma que continúan os reparos, o fraccionamento dos contratos e as irregularidades en materia de contratación.

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta alegacións ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións do vial Cerdedo-Caroi 

Ernesto Filgueira: “Reclamo do alcalde e do seu goberno unha maior atención ás demandas da veciñanza da Revolta e dos núcleos próximos, e negocie, sen imposicións, o tramo do vial que máis polémica suscita entre a veciñanza de Cerdedo, optando por aquel que menos impacto cause á contorna natural de Cerdedo”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda o servizo de matrona, unha ambulancia medicalizada e melloras na atención sanitaria en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira: “Seguiremos a reivindicar a necesidade de que a Xunta solucione as graves deficiencias sanitarias que ten o noso concello: que repoña o servizo de matrona, que contemos cunha ambulancia medicalizada, que reforce a enfermaría e que cubra as baixas e vacacións do persoal sanitario”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG lamenta o burdo intento de instrumentalización do Parlamento para intereses electorais do PP

Luís Bará: “É unha falta absoluta de respeto ao Parlamento convocar de maneira unilateral unha reunión do Pacto de Pedre coincidindo coa celebración dun Pleno da Cámara galega”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita que o concello de Cerdedo-Cotobade emprenda accións xudiciais precisas para paralizar a tramitación dos parques eólicos que afectan ao noso concello

Ernesto Filgueira: “Opoñémonos á especulación e ao espolio dos nosos recursos naturais en beneficio de intereses privados, e apostamos por unha enerxía xusta, sustentábel desde o punto de vista ambiental e en clave galega, que deixe beneficios no territorio”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG enche o Multiusos de Cerdedo e promete un concello participativo, aberto á veciñanza e anuncia un Plan de Rescate ao Asociacionismo Municipal 

Ernesto Filgueira: “Pechamos un mandato no que a democracia participativa na corporación non foi todo o transparente que tiña que ser. Dende o BNG queremos abrir as portas da cultura, do asociacionismo e a xerar vida nas nosas parroquias”.

Por Alexandre Filgueira

Coñece a candidatura que lidera Ernesto Filgueira ás eleccións municipais de 2023 e as claves do programa de goberno do BNG

Ernesto Filgueira presenta aos homes e ás mulleres que o acompañan na candidatura  que lidera á alcaldía así como as propostas clave do programa de goberno do BNG para que Cerdedo-Cotobade avence.

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta alegacións ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Penizas 

Ernesto Filgueira: “Un novo proxecto para seguir coa esquilma e morte autoprogramada do noso rural e a das nosas parroquias co beneplácito de todo o PP, dende o alcaldábel Jorge Cubela até o presidente da Xunta”.

Por Alexandre Filgueira

O PP condea a Cerdedo-Cotobade coa aprobación ”in extremis” de 6 parques eólicos que ameazan ao concello

Ernesto Filgueira: “Que vai facer o alcalde unha vez que a Xunta do PP fixo ouvidos xordos ás demandas cidadás e consumou o maior atentado contra Cerdedo-Cotobade das últimas décadas?”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade lanza a páxina web do candidato á alcaldía, ernestofilgueira.gal 

Ernesto Filgueira: “Presentamos unha ferramental útil para avanzar na comunicación  directa coa nosa veciñanza a través dunha moderna plataforma dixital, interactiva e interconectada coas diferentes redes sociais”. 

Por Alexandre Filgueira

A presión do BNG obriga a Jorge Cubela a ocultar a simboloxía franquista da Feira de Cuspedriños 

Ernesto Filgueira: “Grazas ás iniciativas levadas a pleno ao longo deste mandato logramos que o PP acometese esta simbólica acción na Feira de Cuspedriños aínda que lle lembramos que teñen a obriga de retirar a simboloxía franquista de todos os bens públicos para reparar, dunha vez por todas, a memoria dos asesinados e represaliados polo franquismo no noso concello”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG rodea a Xunta para denunciar o impacto dos PE Campo das Rosas, Porto Vidros e Os Cotos e outros en tramitación

A equipa de Ernesto Filgueira desplazouse o domingo 23 de abril até Composta para participar na concentración "Rodeamos a Xunta" convocada pola Coordinadora Eólica Así Non a fin de rexeitar a política eólica depredadora do PP.

Por Alexandre Filgueira

O BNG ateiga o Centro Cultural de Tenorio na presentación pública da candidatura que lidera Ernesto Filgueira 

Ernesto Filgueira: “Animovos a seguir traballando arreo, con humildade, con ilusión e con optimismo, para mellorar as cousas. Cerdedo-Cotobade merece moito máis e co voso apoio e o voso entusiasmo, outro Cerdedo Cotobade será posíbel a partir do 28 de maio”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta a súa candidatura en Cerdedo Cotobade o sábado 15 ás 20 h. no Centro Cultural de Tenorio

Ernesto Filgueira: “Presentamos unha candidatura competente para loitar pola alcaldía e darlle o impulso que Cerdedo-Cotobade necesita”.

Por Alexandre Filgueira

O deputado Luís Bará leva ao Parlamento os problemas de inseguridade e sinistralidade na N-541 polo transporte de aeroxeradores

O BNG leva unha Proposición non de Lei ao Pleno do Parlamento de Galiza e á Comisión 2ª así como unha batería de preguntas para interpelar á Xunta a respecto da perigosidade que supón o paso diario de tarabaleas a través da N-541.

Por Alexandre Filgueira

Novo boletín informativo do BNG de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira anuncia a inmediata entrega do boletín informativo do BNG en tódalas casas do concello. Conta cunha entrevista ao candidato, coa presentación da candidatura ás municipais do 28 de maio e coas ideas clave do programa electoral.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira presenta a súa candidatura ofrecendo traballo, diálogo, e xestión para que Cerdedo Cotobade vaia a máis 

Ernesto Filgueira: “As mulleres e homes que forman parte da candidatura do BNG son un auténtico luxo para loitar, con humildade e determinación, pola alcaldía e por un concello rural con futuro”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira valora o último pleno ordinario do mandato como "unha oportunidade desaprobeitada para que Cerdedo-Cotobade avance" 

O BNG defendeu no pleno de finais de marzo de 2023 ata 5 mocións e outras 8 iniciativas en forma de rogos e preguntas co obxectivo de conquerir melloras boas que melloren a calidade de vida das veciñas e dos veciños.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta ao sr Cubela a  aliminar a simboloxía fascista dos bens públicos de Cerdedo-Cotobade

O BNG presenta unha moción para instar ao PP a cumplir o acordo plenario aprobado en novembro de 2021 de retirar os símbolos franquistas dos inmóveis municipais e cumprir coa Leí de Memoria Histórica.

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro demanda a mellora integral da PO-230 que une Praderrei, Fentáns, San Isidro e o Serrapio 

Ernesto Filgueira: “Estamos poñendo sobre a mesa un problema serio que nos fixo chegar a veciñanza, e traballaremos para que se lle dea solución canto antes”. Belén Búa: “Levaremos o tema ao Parlamento galego. Non é de recibo que unha estrada competencia da Xunta presente un estado tan lamentábel como a PO-230”.

Por Alexandre Filgueira

Moción do BNG para aprobar un plan de investimentos que reverta o lamentábel estado da rede municipal de saneamento

Ernesto Filgueira rexistra unha proposta en forma de moción para acabar coas verteduras ao medio natural, substituir as deficitarias decantadoras actuais e completar o servizo público en todas as parroquias.

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta alegacións á ordenanza municipal proposta polo PP para regular a adxudicación das vivendas sociais en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira emenda o texto do PP para mellorar o seu contido da ordenanza e correxir os erros detectados ademáis de eliminar conceptos discriminatorios e invasivos.

Por Alexandre Filgueira

Concurrido acto de CERCO en Viascón para ouvir ao historiador Paco Rodríguez e ao economista Joám Romero

O venres 3 de marzo celebrouse na Casa do Pobo de Viascón un novo evento organizado por CERCO para abordar a importancia de coñecermos a nosa propia historia da man de Paco Rodríguez.

Por Alexandre Filgueira

Francisco Rodríguez fala en Viascón da “importancia de coñecer a nosa historia”

O acto, organizado por Acción Social e Cultural CERCO, terá lugar o venres 3 de marzo ás 19.45 h. na Casa do Pobo de Viascón.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda, con carácter urxente, a mellora integral da Praia Fluvial de Calvelo e da súa contorna 

Ernesto Filgueira: “Rexistramos unha moción para acadar o compromiso do goberno do PP de levar a cabo un proxecto serio e respectuoso co medio ambiente que permita recuperar a praia fluvial, hoxe desaparecida, acondicionar a súa contorna e apostar pola accesibilidade”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG formaliza a alegacións ao proxecto de Parque Eólico Monte do Pé que afecta a Aguasantas

Ernesto Filgueira anuncia o rexistro de alegacións ao PE Monte do Pé por respecto á veciñanza a ao territorio, para evitar que o PP converta a Cerdedo-Cotobade nun mega-polígono eólico que hipoteque o desenvolvemento do noso rural.

Por Alexandre Filgueira

Cerdedo-Cotobade mobilízase en defensa da sanidade pública na histórica manifestación de Santiago do 12 de frebreiro de 2023

O BNG considera un éxito a participación e reivindica con orgullo que a veciñanza de Cerdedo-Cotobade levante a voz ante os recortes da Xunta e o silencio cómplice do goberno municipal do PP.

Por Alexandre Filgueira

Encontro de Ernesto Filgueira e o deputado Luís Bará sobre os parques eólicos Os Cotos e Monte do Pé en Rebordelo 

O BNG convoca á veciñanza afectada polos P.E. Os Cotos e Monte do Pé o venres 10 de febreiro ás 20h na Casa do Pobo de Rebordelo para falar das accións a seguir no marco da loita contra a invasión eólica que sofre Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

A petición de Cerdedo pola Sanidade Pública, o BNG reúnese coa plataforma e comprométese coas súas reivindicacións en defensa da Atención Primaria

Ernesto Filgueira: “Temos que poñer freo ao deterioro e sistemático ao que a Xunta de Galiza e o PP está a levar á nosa sanidade pública”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta á Xunta a que non aprobe os proxectos eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas por tratarse dun caso evidente de fragmentación fraudulenta 

Luís Bará: “as declaracións de impacto ambiental favorábeis son absolutamente arbitrarias e cheas de erros e irregularidades”.

Por Alexandre Filgueira

Luís Bará, Ernesto Filgueira e o seu equipo reúnense coa vecñanza afecta polos P.E. Monte do Pé, Porto Vidros e Campo das Rosas

Ernesto Filgueira e Luís Bará animan á veciñanza a se unir e se organizar para loitar contra a ruina que vai supor a invasión eólica planificada polas grandes enerxéticas para os montes de Cerdedo-Cotobade en conivencia co PP.

Por Alexandre Filgueira

O BNG votará contra os orzamentos de Cerdedo-Cotobade por ineficaces, ficticios e faltos de compromiso social e ambiental

Ernesto Filgueira: "Este proxecto de orzamentos para 2023 adoecen de falta de credibilidade polo baixo nivel de execución de orzamentos anteriores e son ineficaces porque retratan a falta de proecto de futuro para este concello".

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Pleno de Cerdedo-Cotobade unha moción para instar á Xunta a garantir a calidade asistencial no concello e na area sanitaria 

Filgueira: “Instamos a Cubela a que, por unha vez, deixe de ser tan submiso co seu partido, e apoie o dereito dos nosos veciños e veciñas a unha atención sanitaria digna”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita unha Auditoría sobre a seguranza viaria na rede de estradas que atravesa Cerdedo- Cotobade

Ernesto Filgueira: “Con esta moción pretendemos que se detecten os problemas de seguranza da nosa rede viaria, tanto para a circulación de vehículos como para os tránsitos peonís, como paso previo para que as distintas administracións se lle podan poñer solucións”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Congreso a adopción de medidas urxentes para a mellora da seguranza viaria na N-541, tanto para vehículos como para persoas 

Nestor Rego: “É urxente mellorar a estrada para que non teñamos a desgraza de ter que sofrer máis traxedias como as acontecidas as últimas semanas”.

Por Alexandre Filgueira

O PP insiste en castigar a Cerdedo-Cotobade ao sacar un novo parque eólico a exposición pública, o PE Monte do Pé en Aguasantas

Ernesto Filgueira: “Que mal lle fixemos ao PP as veciñas e veciños de Cerdedo-Cotobade para que insista en converter o noso territorio nun macro parque industrial eólico”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda no Parlamento galego a adopción de medidas para garantir unha atención sanitaria digna en Cerdedo

Atención sanitaria presencial todos os días en horario de mañá, cubrición das baixas para garantir a atención sanitaria de calidade, mellora da atención das urxencias e recuperación do servizo de pediatría, demandas do BNG.

Por Alexandre Filgueira

Bará e Filgueira e membros do BNG de Cerdedo-Cotobade presentan as emendas aos orzamentos 2023 da Xunta

Bará e Filgueira presentan as emendas do BNG para Cerdedo-Cotobade aos orzamentos da Xunta, centradas na Sanidade e Política social, Seguridade viaria, Cultura e Monte.

Por Alexandre Filgueira

O BNG condena que a Xunta declare viábel a DIA do Parque Eólico Porto Vidros

Ernesto Filgueira denuncia o silencio do goberno de Cubela diante do abuso da Xunta do PP de convertir a Cerdedo-Cotobade nun mega-polígono eólico en contra dos intereses da veciñanza afectada.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira acompaña a Ana Pontón nun acto en Montecelo para denunciar a situación extrema da área sanitaria de Pontevedra

Filgueira denuncia o desmantelamento da Atención Primaria nos Centros de Saúde de Cerdedo, Carballedo e Tenorio e pide que o SERGAS atenda a falla frecuente do persoal médico, solvente a presión de enfermeiría e aumente o servizo pediátrico.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira: “Temos que poñer freo ao deterioro progresivo e sistemático ao que o PP está a levar á nosa sanidade pública”

O portavoz nacionalista denuncia que o centro de saúde de Carballedo volve quedar sen médico até o martes da vindeira semana polo que o PP segue a desmantelar os servizos do públicos do rural.

Por Alexandre Filgueira

O BNG valora positivamente que o Alcalde volte á senda da unidade política na loita contra o P.E. dos Cotos

Ernesto Filgueira defendeu no último pleno, entre outras iniciativas, o rexeitamento ao P.E. Borreiro, a urxencia de dotar de fibra óptica ás parroquias, a mellora da recollida do lixo ou a urxencia de acudir aos tribunais co proxecto eólico dos Cotos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG alega ao Parque Eólico de Borreiro, ante a deixadez de funcións de Jorge Cubela

Ernesto Filgueira: “Temos enriba nosa unha escandalosa ofensiva eólica que amenaza ao noso concello, e o alcalde fica calado, exercendo de cooperador necesario da estratexia do PP”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia o silencio cómplice de Cubela ante a declaración favorábel da Xunta ao estudo de impacto ambiental do P.E. dos Cotos

Ernesto Filgueira condena o silencio de Cubela e do seu goberno e acúsao de inacción como alcalde para beneficiar os intereses da enerxética e do PP fronte aos intereses da veciñanza e insta ao Alcalde a xudicializar á Xunta por atentar contra as parroquias.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Parlamento a urxencia de reverter a precarización dos servizos sanitarios en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira e outros membros do BNG local asisten ao pleno do Parlamento no que a deputada Montse Prado interpela ao conselleiro polas deficiencias da sanidade pública no concello e polo colapso da área sanitaria Pontevedra-Salnés.

Por Alexandre Filgueira

O BNG reclama da Xunta máis recursos económicos e orzamentarios para loitar contra a violencia de xénero 

Ernesto Filgueira leva a pleno unha moción na que solicita apoio da corporación ás mobilizacións feministas convocadas o 25N contra a violencia machista e outras medidas de apoio económico.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira: “Comprometémonos a mellorar a rede actual de saneamento e levalo a todos os lugares do Concello”

O BNG inicia con forza e con confianza o camiño para conseguir o mellor resultado da súa história. Ernesto Filgueira sinala que "saimos a gañar, a liderar o futuro de Cerdedo Cotobade".

Por Alexandre Filgueira

Presentación pública de Ernesto Filgueira como candidato do BNG á alcaldía de Cerdedo-Cotobade

O Venres 18 de novembro ás 20.15 h no Multiusos de Carballedo o BNG organiza un acto público aberto á veciñanza e entidades sociais do concello.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira preocupado pola vaga de roubos en varias parroquias de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira manifesta a súa máxima preocupación pola vaga dos roubos que se produciron nas parroquias de Almofrei, Viascón e Carballedo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade leva ao pleno do concello unha moción instando ao sr Cubela a xestionar diante da Xunta e do Consorcio melloras na cobertura das emerxencias en Cerdedo-Cotobade

Filgueira: “desde o BNG demandamos que se acometa dunha vez por todas a revisión do mapa de emerxencias, a creación dun parque e a dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante emerxencias no noso concello”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pide saneamento e melloras viarias no lugar da Longa en San Xurxo de Sacos

Filgueira denuncia o abandono da Longa e critica a falta de compromiso do alcalde coa veciñanza do lugar. 

Por Alexandre Filgueira

Pontón presenta a Ernesto Filgueira como un candidato con experiencia, solvencia e “cos pés no chan”, o alcalde capaz de darlle a Cerdedo-Cotobade un futuro mellor

Filgueira: “Quero cambiar o concello da man da veciñanza, aproveitando os recursos e a riqueza que temos e poñelos a favor da maioría social”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG alega contra o parque eólico de Cabanelas 

Ernesto Filgueira: “hai que parar esta voráxine de proxectos eólicos. A Xunta ten que deixar de axeonllarse diante das grandes corporacións eléctricas, e poñerse a pensar e planificar en serio o aproveitamento eólico no noso país”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG urxe a mellora da cobertura das emerxencias en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira: “levamos anos denunciando que o actual mapa de emerxencias déixanos nunha zona de sombra con tempos de resposta que non son asumíbeis. A que hai que agardar para que a Xunta tome mans no asunto?”

Por Alexandre Filgueira

As reformas de Viascón, a sanidade pública e os petróglifos volven ser esquecidos polo alcalde de Cerdedo-Cotobade 

Aprobada -coa abstención do PP- o rexeitamento aos parques eólicos de Pedra Longa e Cabanelas, unha iniciativa que insta ao goberno municipal a presentar estudos técnicos contra estas instalacións.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao próximo pleno unha condea expresa da corporación municipal ao SERGAS pola súa nefasta xestión da atención primaria no municipio

Ernesto Filgueira: “O Concello non pode quedar impasíbel ante o evidente e notorio deterioro da sanidade pública en Cerdedo-Cotobade”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta a PP e PSOE a rexeitar os parques eólicos de Pedra Longa e Cabanelas 

Ernesto Filgueira: “Rexistramos unha moción para acadar no pleno da vindeira semana un acordo da corporación contra os dous últimos proxectos eólicos que axexan sobre os nosos montes e a calidade de vida da nosa veciñanza”. 

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda un proxecto integral que poña en valor e promocione as laxes rupestres de Cerdedo-Cotobade

Filgueira: “A Xunta e o sr Cubela tratan de maquillar a situación de abandono na que teñen aos petróglifos do noso concello con achegas periódicas mínimas, pero non comprometen un proxecto integral cun investimento potente que os poña en valor e os converta nun produto turístico de referencia no País”. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG agradece á veciñanza de Cerdedo-Cotobade a súa implicación para mellorar a sanidade pública

Ernesto Filgueira: “A loita pola sanidade pública non remata aquí. Continuaremos até conseguir unha atención sanitaria pública digna e de calidade, que é o que demandan e necesitan os nosos veciños e veciñas”. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG recollerá sinaturas nos 3 centros de saúde de Cerdedo-Cotobade en apoio da sanidade pública

A formación nacionalista participa na campaña de recollida de sinaturas da ILP de SOS Sanidade Pública para esixir no Parlamento de Galicia unha atención sanitaria pública de calidade.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta a Cubela a poñerse a traballar e adicar fondos para acabar coa discriminación que padece a parroquia de Viascón

Ernesto Filgueira: "Sorprendeume a saída de tono do sr. alcalde, cando se lle puxo sobre a mesa a situación na que, en pleno verán, se atopaban as piscinas e a súa contorna".

Por Alexandre Filgueira

O BNG urxe solucionar o estado lamentábel das piscinas de Cabanelas, en Viascón

Filgueira califica de “desastrosa” a actuación feita polo goberno municipal e reclama unha mellora integral das piscinas e a súa contorna.

Por Alexandre Filgueira

O BNG apela ao “Espíritu de San Xusto” para defender o monte comunal diante dos intentos de usurpación 

O BNG reparte masivamente un boletín informativo sobre a súa acción política entre a veciñanza de Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG alega contra o parque eólico de Pedra Longa 

Ernesto Filgueira: “Temos que defender o noso territorio e facerlle fronte á invasión de proxectos eólicos que nos amenzan”.

Por Alexandre Filgueira

O Centro de saúde de Tenorio sen persoal médico. O BNG denuncia o deterioro galopante da atención primaria en Cerdedo-Cotobade 

Ernesto Filgueira insta ao alcalde que non fique de brazos cruzados diante a neglixente política sanitaria da Xunta, e anuncia mobilizacións en caso de que non se solucionen os graves problemas existentes.

Por Alexandre Filgueira

PP e PSOE impiden que o pleno do concello de Cerdedo-Cotobade debata a moción urxente do BNG para acometer melloras na parroquia de Viascón

Ernesto Filgueira: “Lamentamos que PP e PSOE impedisen debater unha moción do BNG que tiña como obxectivo impulsar unha axenda de investimentos para mellorar a parroquia de Viascón, que leva anos esquecida polo goberno municipal”

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao pleno de xullo acometer melloras para sacar á parroquia de Viascón do esquecemento 

Ernesto Filgueira: “Pedímoslle ao goberno municipal que mire para Viascón e active unha axenda de investimentos que a saquen do esquecemento e a equiparen con outras parroquias do concello” 

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao pleno de Cerdedo-Cotobade os problemas da sanidade pública no concello 

Ernesto Filgueira: “O goberno municipal non pode quedar de brazos cruzados mentres a Xunta castiga á nosa sanidade pública. É indecente que o PP votase no Parlamento contra a nosa sanidade” 

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama autonomía e protección para a figura das comunidades de montes en man común e rexeita a súa especulación

Ernesto Filgueira reclama facer dos montes veciñais espazos multifuncionais sustentábeis, procurar a súa conservación e aposta pola integración socio-cultural coa veciñanza.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Parlamento unha iniciativa para que o goberno galego dote dunha atención sanitaria digna á veciñanza de Cerdedo 

Ernesto Filgueira esixe cobertura permanente do persoal do centro de saúde e a súa substitución en caso de permisos, baixas e vacacións

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia que o SERGAS volve deixar sen médico ao Centro de Saúde de Cerdedo case todo mes de xullo

Ernesto Filgueira: “Denunciamos o abandono sanitario que o PP practica, de xeito recurrente, coa veciñanza de Cerdedo desprovista de toda atención tanto por parte do Sergas como dende a Alcaldía do concello”

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda a chegada urxente da fibra óptica á totalidade de Cerdedo-Cotobade 

Ernesto Filgueira: “Dende o ano 2019 veño levando aos plenos municipais, de xeito reiterado, propostas instando ao sr Cubela a que axilice diante da Xunta a chegada da fibra óptica ao conxunto das parroquias de todo o termo municipal”

Por Alexandre Filgueira

O BNG propón habilitar un espazo para a promoción da cultura local na feira dos Venres de Carballedo

Ernesto Filgueira: “Axudar á xente da creación, a arte e a cultura é axudarnos como comunidade”.

Por Alexandre Filgueira

Mobilización masiva na concentración deste domingo en Cerdedo contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Ernesto Filgueira: “Sentímonos agradecidos pola unidade de acción alcanzada e a contundente resposta, pese á adversa climatoloxía, coa que a sociedade organizada de Cerdedo-Cotobade; contestou esta mañá contra o asentamento dos macro-proxectos eólicos nos nosos montes proxectados a carón de vivendas e liñas de alta tensión”. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG traslada ao Parlamento o rexeitamento de miles de persoas afectadas polos proxectos eólicos en Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Campo Lameiro e pide a súa paralización

Luís Bará recrimina ao Goberno do PP o impulso dun modelo eólico “depredador” para favorecer a grandes empresas eléctricas e garantir despois “as portas xiratorias”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG chama a Jorge Cubela, ao PP e ao PSOE a se sumar á mobilización contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Animamos ao Alcalde ao PP e PSOE, a arroupar á veciñanza, ás plataformas existentes, ás comunidades de montes e ás entidades sociais convocadas a participar o vindeiro domingo 22 de maio ás 12h en Cerdedo.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta a Cubela mellorar a recollida selectiva e a compostaxe en Cerdedo-Cotobade

“Nos encontros que mantivemos con entidades sociais e veciñais hai unha queixa que é común a boa parte do concello: o servizo de recollida de residuos municipais préstase de xeito deficiente e desigual en diversos lugares das nosas parroquias”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG convoca unha mobilización contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Domingo 22 de maio ás 12 h. na praza do Concello de Cerdedo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG expresa o seu rexeitamento aos parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas 

Luís Bará e Ernesto Filgueira reúnense no lugar de Cuíña cos veciños e veciñas afectados.

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita no Parlamento galego a denegación da autorización aos parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas 

O pasado 27 de marzo Luís Bará e Ernesto Filgueira acompañaron a veciños e veciñas afectados nunha andaina para coñecer in situ as afectacións dos parques.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta a Cubela a que poña a disposición da Deputación os terreos necesarios para a reforma integral da estrada de Almofrei 

Filgueira: “Cando máis tempo se demore en entregar os terreos, máis se dilatará a solución a unha demanda histórica da veciñanza, vital para vertebrar o territorio e mellorar a seguridade das persoas” 

Por Alexandre Filgueira

Charla-coloquio en Carballedo sobre comunidades enerxéticas e comunidades de montes 

O BNG convida aos veciños e veciñas a asistir este venres, día 18, ás 20.30 h. no multiusos de Carballedo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao Pleno de Cerdedo-Cotobade o rexeitamento aos parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas 

Ernesto Filgueira: “Facemos nosas as inquedanzas dos veciños e veciñas ameazados polos parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas e pretendemos un rexeitamento claro e contundente da corporación contra a súa instalación” 

Por Alexandre Filgueira

Andaina reivindicativa contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Sábado 26 ás 11 h. Eira Grande de Pedre. A andaina contará coa particiación do deputado do BNG, Luís Bará. 

Por Alexandre Filgueira

Problemas de accesibilidade e seguranza viaria na N-541 ao seu paso por Calvelo

Ernesto Filgueira Touriño, urxe á sub-delegada do goberno en Pontevedra a que inste ao goberno do Estado a poñer n aos problemas de accesibilidade e seguranza viaria na N-541 ao seu paso por Calvelo

Por Alexandre Filgueira

O BNG pide explicacións ao goberno ante as irregularidades do parque eólico dos Cotos

O BNG pide explicacións ao goberno ante as irregularidades do parque eólico dos Cotos, en Cerdedo-Cotobade e advirte que haberá máis sentencias contra o modelo eólico da Xunta

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita a creación de aparcamentos para autocaravanas e furgonetas Camper en Cerdedo e Carballedo 

Ernesto Filgueira: “Cerdedo-Cotobade debe apostar por un turismo de calidade que valore o noso entorno natural e gaste nos negocios das parroquias”. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva o parque eólico dos Cotos ao Pleno do Parlamento galego desta semana

O deputado Luís Bará pregunta ao vicepresidente Conde polas irregularidades na tramitación do proxecto.
Bará: “as portas xiratorias entre o PP e as empresas enerxé cas seguen a pleno rendimento”

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta alegacións contra o parque eólico dos Cotos 

Ernesto Filgueira alega sobre os impactos severos sobre o territorio e apela a que a unanimidade política e social serva para paralizar un proxecto lesivo para Cerdedo-Cotobade 

Por Alexandre Filgueira

Anxo Santomé: “No BNG estamos en condicións de presentar nas vindeiras municipais un proxecto gañador para Cerdedo-Cotobade” 

Impedir o espolio eólico, mellorar os servizos, dinamizar o tecido económico local, mellorar a seguranza viaria e desenvolver unha proposta cultural ampla, variada e decidida nas parroquias seguirán a ser eixos fundamentais do traballo político do BNG

Por Alexandre Filgueira

O BNG preséntalle aos veciños e veciñas as iniciativas parlamentares sobre o parque eólico dos Cotos

O BNG organiza unha xuntanza coa veciñanza de Cerdedo-Cotobade para abordar as iniciativas parlamentares presentadas pola formación nacionalista para paralizar o proxecto eólico cos Cotos, que afecta de cheo ás parroquias de Viascón, Carballedo, Rebordelo, Loureiro, Borela e Augasantas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta a Cubela a alegar contra o parque eólico dos Cotos en pleno corazón do concello

Aproveitando estas datas de nadal, o DOG vén de sacar a exposición pública o estudo de “impacto ambiental e as solicitudes de autorización ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto,m das instalacións do parque ólico dos Cotos, situado en Cerdedo-Cotobade”, dando 15 días para presentar alegacións ao mesmo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG presenta emendas aos Orzamentos da Xunta para dar resposta ás principais demandas da veciñanza de Cerdedo-Cotobade

Saneamento, seguranza viaria, equipamentos deportivos e política social, principais reivindicacións da formación nacionalista

Por Alexandre Filgueira

O BNG logra o compromiso de Jorge Cubela e do PP de retirar a simboloxía fascista de Cerdedo-Cotobade

Xoves 25 de novembro de 2021. Ernesto Filgueira defendeu no Pleno Municipal desta máñá unha “nova” moción para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica e retirar dos bens públicos toda a simboloxía fascista existente ademáis de propor unha comisión de seguimento constituída por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da memoria.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao próximo pleno de Cerdedo-Cotobade unha nova moción para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica

Ernesto Filgueira propón a constitución dunha comisión de seguimento que inclúa a persoas de recoñecido prestixio no ámbito da memoria, e que o concello se acolla á liña de subvencións da Deputación para a eliminación da simboloxía franquista

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda do goberno municipal de Cerdedo- Cotobade que promova o uso da bicicleta, como medio de transporte ecolóxico e saudábel

Ernesto Filgueira: “Para conseguir os froitos desexados é necesario mellorar a seguranza viaria nos distintos viais e realizar unha campaña de fomento do seu uso”

Por Alexandre Filgueira

O BNG apoia o acordo da corporación contra o Parque Eólico dos Cotos

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG, ven de manifestar o seu posicionamento “de oposición contundente ao Parque Eólico dos Cotos” no pleno extraordinario convocado para esta mesma mañá a n de garantir o rexeitamento explícito por parte do conxunto da corporación.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao goberno municipal de Cerdedo- Cotobade a aprobar un Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais

Ernesto Filgueira chama a poñer en valor a grande calidade dos produtos locais, promovendo o seu posicionamento no mercado

Por Alexandre Filgueira

Nestor Rego anuncia unha emenda aos Orzamentos do estado para mellorar a seguranza viaria da N-541 en Cerdedo-Cotobade

O deputado do BNG Congreso, Néstor Rego, participa na concentración veciñal organizada polo BNG de Cerdedo-Cotobade para demandar melloras na accesibilidade e na seguranza viaria da N-541 á altura de Calvelo, Tenorio".

Por Alexandre Filgueira

Acción Social e Cultural CERCO aborda nunha charla-coloquio o futuro da música e o baile tradicional

Este Outubro, a Asociación CERCO, vencellada ao BNG e enfocada cara a Acción Social e Cultural de Cerdedo_Cotobade”, recupera a súa actividade despois do periodo de paro forzoso ocasionado polas restricións derivadas da pandemia da COVID 19, e faino cunha palestra sobre a “realidade e futuro da música e o baile tradicional”, o vindeiro venres 22 de outubro ás 20 h. no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo.

Por Alexandre Filgueira

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para demandar melloras na N-541 en Calvelo

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para demandar melloras na accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo (Cerdedo-Cotobade)

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira propón recuperar as rutas de sendeirismo e BTT e conver las nun catalizador económico para Cerdedo e Cotobade.

Ernesto Filgueira: “Teño claro que outro modelo turís co é posible en Cerdedo-Cotobade tendo tanto e de tanto nivel. Avogo por artellar propostas verdes, sos bles e estratéxicas que sexan favorables para o desenvolvemento económico municipal”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade propón declarar persoa non grata ao sr Escotet, Presidente de Abanca.

Ernesto Filgueira: “No BNG estamos moi preocupados pola situación de deserto bancario no que queda a nosa capital municipal, Carballedo. Un golpe á calidade de vida da nosa veciñanza e ao rural asestado polo señor Escotet en connivencia co PP que non dubida en apoiar o peche subvencionando o mantemento de caixeiros con diñeiro público”.

Por Alexandre Filgueira

O Pleno de Cerdedo-Cotobade aproba un acordo unánime contra o Parque Eólico dos Cotos con base na moción do BNG

O Pleno aprobou tamén, coa abstención do PSOE, e o apoio do PP a moción do BNG sobre a tarifa eléctrica.

Por Alexandre Filgueira

Carta resposta ao Alcalde referente á nosa posicion frente ao "Rexeitamento da instalación do Parque Eólico dos Cotos"

...Despois de ler atentamente a carta que me envías, debo expresarche, para a miña sorpresa, que non dou entendido que é o que realmente che molesta a respeito dos puntos que forman parte da moción rexistrada co título “Rexeitamento da instalación do Parque Eólico dos Cotos”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva ao vindeiro pleno unha moción contra a suba abusiva da tarifa da luz

O BNG vai levar ao vindeiro pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade unha moción sobre a estafa do prezo da luz e para demandar unha tarifa eléctrica galega. A formación nacionalista recolleu máis de 300 sinaturas entre os veciños e veciñas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG respalda a concentración contra o peche de Abanca o Xoves 15 de Xullo ás 20h na Chan, Carballedo

Ernesto Filgueira: “Abanca está a actuar de xeito belixerante contra os intereses da veciñanza e contra o futuro do noso concello”

Por Alexandre Filgueira

ROUBADA A FAIXA COLOCADA NA CHAN COA LENDA “Cerdedo- Cotobade Contra o Espolio Eólico”.

Ernesto Filgueira: “Parece que a nosa mensaxe resulta molesta para algúns que se moven na ambiguidade máis o BNG é rotundo: o espolio enerxético amparado polo PP e o PSOE é unha estafa e unha sentenza de morte para o noso rural”.

Por Alexandre Filgueira

Poñendo CERCO ao espolio eólico no auditorio de Cerdedo

Ernesto Filgueira: “Dende CERCO plani camos un modelo de encontro congresual contra a depredación eólica pioneiro en Cerdedo-Cotobade”

Por Alexandre Filgueira

O deputado do BNG Xosé Luís Rivas “Mini” pechará a xornada de debate sobre o espolio eólico na Galiza

Cerdedo-Cotobade converterase este sábado, día 10 de xullo, no epicentro da loita contra o espolio eólico coa celebración dunha xornada in-formativa organizada por Acción Social e Cultural CERCO que co título “Poñéndolle cerco ao espolio eólico na Galiza: experiencias de loita” na que participarán algunhas plataformas das máis activas do país.

Por Alexandre Filgueira

Cerdedo-Cotobade acolle o sábado 10 unha xornada informativa sobre o espolio eólico na Galiza

Cerdedo-Cotobade convertirase este sábado, día 10 de xullo, no epicentro da loita contra o espolio eólico coa celebración dunha xornada in-formativa organizada por Acción Social e Cultural CERCO que co título “Poñéndolle cerco ao espolio eólico na Galiza: experiencias de loita” na que participarán algunhas plataformas das máis activas do país.

Por Alexandre Filgueira

Rexeitamento á decisión “incomprensible” do peche da oficina de Abanca en Carballedo

POSICIONAMENTO DO BNG NO PLENO EXTRAORDINARIO CONVOCADO PARA HOXE 29 DE XUÑO ÁS 13H.

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, xa ten manifestado o seu rexeitamento á decisión “incomprensible” do peche da oficina de Abanca en Carballedo tomada pola dirección da entidade financieira.

Por Alexandre Filgueira

Comunidado valoración peche Abanca de Carballedo

Ante o anuncio do #peche da sucursal de Carballedo, o BNG Cerdedo e Cotobade manifesta o “𝗿𝗲𝘅𝗲𝗶𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗳𝗿𝗼𝗻𝘁𝗮𝗹” 𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗰𝗶𝘀𝗶ó𝗻 𝘁𝗼𝗺𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗔𝗯𝗮𝗻𝗰𝗮 cuia acción entendemos como un ataque directo ao rural e á nosa veciñanza. 

Por Alexandre Filgueira

Jorge Cubela e o PP avalan o Plan eólico da Xunta que afecta gravemente a Cerdedo-Cotobade

O BNG lamenta que no pleno municipal celebrado no día de hoxe, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o grupo municipal do PP votasen en contra dunha moción do BNG que propoñía un modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación do territorio", declarou o portavoz municipal Ernesto Filgueira.

Por Alexandre Filgueira

O BNG alega contra o proxecto eólico de Porto Vidros

Trátase dun proxecto moi agresivo cos valores naturais e patrimoniais.

O BNG vén de presentar alegacións contra o parque eólico Porto Vidros polos prexuizos que suporá para os intereses da veciñanza.

Por Alexandre Filgueira

O BNG organiza unha charla-coloquio sobre Enerxía Social en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)

Terá Lugar o venres 14, ás 21 h. no Multiusos.

O BNG de Cerdedo-Cotobade continúa coa súa campaña informativa sobre os eólicos, e faino coa coa celebración dunha charla-coloquio a cargo de Xosé Manuel Golpe, técnico en enerxías renovábeis, que falará sobre “Enerxía social, Autoconsumo e comunidades enerxéticas”.

Por Alexandre Filgueira

O BNG lamenta a falta de interese do alcalde para chegar a acordos cos orzamentos que servisen para mellorar a vida dos veciños

O BNG lamenta a falta de interese do alcalde para chegar a acordos e lograr uns orzamentos que servisen para mellorar a vida dos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade.

O BNG ofreceulle en xaneiro a Cubela negociar un gran pacto polo benestar da veciñanza, que o alcalde non quixo atender

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda melloras urxentes na seguridade viaria a carón da Casa Cultural “Nélida Piñón”de Borela

Ernesto Filgueira: “A nosa prioridade é dar conta dos problemas que nos fai chegar a veciñanza e traballar de xeito participativo na procura de solucións que melloren a súa calidade de vida”

Por Alexandre Filgueira

Outro modelo é posíbel. O BNG lanza unha campaña informativa sobre os eólicos en Cerdedo-Cotobade

O BNG lanza unha campaña informativa sobre os eólicos en Cerdedo-Cotobade, facendo fincapé en que outro modelo eólico é posíbel.

Por Alexandre Filgueira

Campaña informativa a favor dun plan eólico público, xusto, sustentábel, e que xere riqueza no territorio

O BNG está a desenvolver unha campaña a favor dun plan eólico público, xusto, sustentábel, que xere bene cios e emprego no territorio, e que serva para que Galiza teña unha tarifa eléctrica propia máis barata, por sermos excedentarios na produción de enerxía eléctrica.

Por Alexandre Filgueira

BNG da Estrada e Cerdedo-Cotobade presentan unha alegación conxunta ao parque eólico do Campo das Rosas

Paremos a desfeita! Este parque eólico forma parte dun modelo depredador e espoliador dos nosos recursos para bene cio única e exclusivamente das compañías eléctricas, que é polo que apostan tanto a Xunta como o goberno do Estado

Por Alexandre Filgueira

O BNG anuncia a súa disposición a facer parte da comisión de seguimento dos proxectos eólicos proxectados en Cerdedo-Cotobade

A pesares de que o BNG non foi convidado por parte do alcalde á reunión mantida coas
entidades comunais das parroquias afectadas, a formación nacionalista participará na comisión de seguimento que anunciou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, porque consideramos prioritario prestar todo o apoio e todo o asesoramento á veciñanza diante do abusivo dos proxectos eólicos que planean sobre o noso territorio

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta a Cubela a informar verazmente sobre o proxecto eólico de Porto Vidros

O BNG insta ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela a informar verazmente e asesorar aos veciños e veciñas sobre os parques eólicos que afectan ao noso municipio e que están nestes momentos a exposición pública e en periodo de alegacións.

Por Alexandre Filgueira

Charla-coloquio do BNG sobre o espolio eólico en Carballedo (CERDEDO-COTOBADE)

Baixo o título “Como facer fronte ao espolio eólico”, o BNG organiza unha charla-coloquio o vindeiro martes, día 30 de marzo ás 19.30 h. no Multiusos de Carballedo (Cerdedo-Cotobade).

Por Alexandre Filgueira

O BNG pide no Parlamento Galego a mellora da atención sanitaria en Cerdedo

O BNG, a través do deputado Luís Bará, vén de levar ao Parlamento Galego iniciativas para que dote a Cerdedo dunha atención sanitaria digna, mediante a adopción das seguintes medidas: atención sanitaria presencial, mellora da atención de urxencias, creación do servizo de pediatría e cubrición das baixas para garantir a atención médica todos os días.

Por Alexandre Filgueira

Jorge Cubela abandoa ás persoas maiores de 80 anos do concello para non enfrentarase á Xunta de Feijoo

Ernesto Filgueira: “Recollemos o cabreo dos nosos maiores diante da distancia que teñen que percorrer para inocular a vacina contra a covid19 ata o PAC de Cerdedo. Esta ubicación escollida pola Xunta de Galiza implica que en moitos casos se teñan que desprazar máis de 30km cando no concello contamos con tres Centros de Saúde de referencia equidistantes entre as parroquias dos dous territorios identitarios do actual municipio”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira recolle as demandas da veciñanza de Corredoira e Caroi e pide o ensanche a Ponte Da Lomba

Ernesto Filgueira: “A veciñanza de Caroi e de Corredoira trasladounos por escrito
unha relación de propostas nas que solicitan melloras para os seus lugares
relacionadas con desvios de augas pluviais, calmado de trá co e mellora da
seguridade vial no tramo da Ponte da Lomba”.

Por Alexandre Filgueira

Perplexidade no BNG pola xustificación coa que Cubela pretende maquillar a súa negativa á mellora dos petróglifos

Ernesto Filgueira: “Trabúcase o Alcalde ao tentar desprestixiar ao BNG que lidero aludindo a unha subvención de hai 11 anos atrás cando eu son concelleiro dende o 2019. Se quere xustificar o seu rexeitamento á moción do BNG en favor da recuperación e valorización dos petróglifos do concello que o faga cunha argumentación seria e coherente”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira negocia co alcalde as contas municipáis 2021

O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes propostas á equipa do Goberno Local a propósito da negociación dos Orzamentos Municipais 2021 no marco dun desexable acordo a prol dun “Pacto polo Benestar da veciñanza de Cerdedo-Cotobade”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira condena a situación de abandono na que se atopan os petróglifos de CERDEDO-COTOBADE

Ernesto Filgueira: “A veciñanza asiste impasible ao esmorecemento da diversidade
rupestre ano tras ano ante a falla de coidados, incendios, agresións nas talas, …
debido ao desleixo das administracións por protexelos, incentivar a súa valorización e
convertelos nun atractivo cultural e turístico que dinamice a economía local”.

Por Alexandre Filgueira

Bará e Filgueira presentan as emendas do BNG para Cerdedo-Cotobade aos orzamentos da Xunta

Bará e Filgueira presentan as emendas do BNG para Cerdedo-Cotobade aos orzamentos da Xunta, centradas na Sanidade e Política social, Seguridade viaria, Cultura e Monte.

Por Alexandre Filgueira

O BNG propónlle a Cubela negociar os orzamentos municipais e chegar a un "pacto polo benestar da veciñanza"

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG emprazamos ao Alcalde a se abrir a negociar os Orzamentos Municipais nun encontro o antes posíbel para abordar aquelas medidas e propostas que consideramos estratéxicas e acordar un Pacto polo Benestar da veciñanza de Cerdedo-Cotobade”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama melloras urxentes das liñas de electricidade e internet nas parroquias de Cerdedo

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG pretendemos que o pleno reclame ás compañías suministradoras dos servizos de elctricidade e internet a modernización dos tendidos a fin de rematar cos problemas que sofre habitualmente a veciñanza dos lugares de Cerdedo”.

Por Alexandre Filgueira

368.000€ e medidas de reactivación económica

O BNG propón dirixir 368.000€ do Fondo Fusións a paliar a brecha dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “Rexistramos unha proposta con medidas que supoñan un balón de osíxeno para os sectores económicos e culturáis da localidade”.

Por Alexandre Filgueira

Reactivación atención sanitaria

Ernesto Filgueira reclama activar a atención presencial nos Centros de Saúde de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “No BNG entendemos que a Atención Primaria é a primera barreira para a situación de pandemia actual polo que pedimos que sexa reforzada con máis medios profesionais e materiais para que poida responder ás necesidades de saúde da nosa veciñanza”.

Por Alexandre Filgueira

BNG propón medidas compensatorias frente á subida do IBI dun 45%

O IBI 2020 SUBE MAIS DUN 45% E O BNG PROPÓN MEDIDAS COMPENSATORIAS PARA A VICIÑANZA

Ernesto Filgueira: “No vindeiro Pleno o BNG vai solicitar do Goberno de Cubela unha rebaixa fiscal para a veciñanza mediante o emprego do fondo fusións a fin de aliviar ás fráxiles economías familiares sacudidas, ademáis de pola crise, pola subida nun 45% do imposto do IBI ”.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama seguridade na ruta da Freixa, Dorna, antes de abrila ao público.

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG queremos parabenizar á veciñanza de Santa María de Sacos por plantexar esta ruta de gran contido natural máis debemos reclamar do goberno de Cubela atención urxente diante do estado de abandono na que se atopa actualmente e pedirlle moderación á hora de promocionala ante a inseguridade que presta parte do seu trazado ”.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira demanda reclamar a Fomento máis seguridade vial na nacional ao seu paso por Cerdedo

Ernesto Filgueira demanda do Pleno reclamar a Fomento máis seguridade vial na nacional ao seu paso por Cerdedo.

Ernesto Filgueira: “Cando nuns tramos concretos dun vial se están a producir sinistros frecuentes con pérdida de vidas o lóxico é actuar de xeito inmediato para garantir a seguridade vial, de non facelo o seu titular estaría a incurrir en deixadez de funcións, algo moi grave”. 

Por Alexandre Filgueira

Liña de axudas para o tecido cultural e folclórico de CERDEDO-COTOBADE

Ernesto Filgueira demanda una liña de axudas directas para o tecido cultural e folclórico de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “Debido á preocupante situación actual é máis urxente ca nunca ofrecer soporte ao tecido asociativo municipal para garantizar a continuidade da súa actividade formativa, divulgativa e social”. 

Por Alexandre Filgueira

Nace "CERCO", un foro cultural e unha plataforma social en CERDEDO-COTOBADE

Baixo o paraugas do BNG de Cerdedo-Cotobade bótase a andar un proxecto imprescindible para o rural baseado na acción social e a dinamización cultural da vida no municipio. Unha canle coa que o conxunto das compañeiras nacionalistas pretenden crear sinerxias entre a organización política e o tecido asociativo e veciñal. 

Por Alexandre Filgueira

Melloras na contorna das piscinas de Cerdedo

“Debido á situación actual á área de recreo das piscinas fluviais de Cerdedo vai ser moi frecuentada pola veciñanza e visitantes, polo que urxe dotala de maior seguridade viaria e peonil”

Por Alexandre Filgueira

O BNG reclama á Xunta e ao Estado medidas urxentes de reactivación económica

A crise económica e social que estamos a padecer como consecuencia da pandemia do COVID-19 vai ter unha virulencia especial en Galiza e no noso concello, dada a situación económica tan debilitada e dependente que temos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG urxe á xunta e ao Estado a adoptar medidas para a reactivación económica

O BNG urxe á xunta e ao Estado a adoptar medidas para a reactivación económica e insta ás forzas políticas de CERDEDO-COTOBADE  a consensuar un plan específico para o Concello.

Por Alexandre Filgueira

Pacto polos Baños do San Xusto

Ernesto Filgueira convida a PP e PSOE a asinar un “Pacto polos Baños do San Xusto”.

Ernesto Filgueira: “Sinto tristeza ante a situación de confrontación e división veciñal creada entre o PP e o Psoe no marco do proxecto dos Baños do San Xusto, tan importante para o futuro do concello”. 

Por Alexandre Filgueira

Plan de Reactivación Económica de Emerxencia

O BNG presenta un Plan de Reactivación Económica de Emerxencia e insta á modificación dos Orzamentos Municipais. O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, ten como obxectivo consensuar medidas de reactivación económica

Por Alexandre Filgueira

Plan de reactivación económica

“Na vindeira Xunta de Portavoces presentareille ao Alcalde unha proposta con medidas precisas que eviten o cese de actividade de moit@s autónom@s de Cerdedo-Cotobade”.

Por Alexandre Filgueira

Entrevista a Ernesto Filgueira

Entrevista ao candidato do BNG Cerdedo-Cotobade publicada no "Boletin Municipal" de Febreiro do 2020.

Por Alexandre Filgueira

Desbloqueada a reforma integral da estrada de Almofrei

A utilidade do BNG para mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres de Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O PP e Jorge Cubela votan en contra da proposta de Filgueira na que se instaba a retirar a simboloxía franquista do concello

No mediodía de hoxe ven de celebrarse o primeiro Pleno municipal do ano onde, unha vez máis, Ernesto Filgueira foi quen de liderar...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira activa unha campaña en cumprimento da Lei da Memoria Histórica.

A pesares de termos denunciado e mesmo rexistrado unha queixa contra recentes obras municipais nas que foron...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda un carril-bici na estrada de Carballedo e a humanización das travesías de Vilanova, A Xesteira e as Lagoas.

No BNG preocúpanos a seguridade da veciñanza que vive a carón da estrada PO-233, por iso demandamos medidas ...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira logra introducir cambios nos Orzamentos Municipais por valor de 200.000€

Non ímos ser un obstáculo na aprobación dos orzamentos municipais pois entendemos, que aínda que mellorables...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira plantexa unha vía peonil/ciclista en Borela para incrementar a seguranza viaria da veciñanza.

Estamos a potenciar melloras en materia de mobilidade viaria a fin de que a nosa veciñanza poida camiñar...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira aposta pola reforma integral da estrada de Almofrei

Rexistramos a Moción de mellora integral da estrada de Almofrei porque nos consta o sentimento de malestar...

Por Alexandre Filgueira

O BNG reúnese con veciños de Viascón para informarlles da moción aprobada no Pleno sobre o proxecto de ampliación da N-541

Estamos no bo camiño, pero non debemos baixar a garda até que o ministerio de Fomento desbote definitivamento...

Por Alexandre Filgueira

O BNG protagoniza o pleno do Concello de Cerdedo-cotobade

O BNG foi a única forza política que presentou iniciativas no pleno de setembro en Cerdedo-Cotobade...

Por Alexandre Filgueira

A ubicación do Parque de Bombeiros debe ubicarse en base a plantexamentos técnicos e onde a resposta sexa inferior a 20’ en tódolos concellos da zona de sombra.

En nome dos grupos nacionalistas dos Concellos do interior manifestamos o desexo de que as ofertas que se...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira rexistra unha moción para solicitar a mellora da EP-7102 entre Bugarín e Fondós 

Agardo o voto favorable do PP e do Psoe para a aprobación da “Moción de Mellora da Estrada Bugarín- Fondós”...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira e Carlos Gómez preséntalle á veciñanza de Calvelo a moción que defenderá no Pleno do día 24-xullo

Agardo o voto favorable do PP e do Psoe para a aprobación da miña primeira “Moción de melloras para Calvelo”...

Por Alexandre Filgueira

O BNG de Cerdedo-Cotobade organiza unha andaina popular co gallo da celebración do Día da Patria Galega.

O BNG de Cerdedo e Cotobade ben de organizar unha andaina popular para o vindeiro sábado día 20 de xullo no canto da celebración do 25 de xullo, o Día da Patria Galega. A andaina transcurrirá ao longo dos 13km que conforman a Ruta Circular…

Por Alexandre Filgueira

O BNG consolida o seu crecemento constituíndo un sólido Consello Local integrado por 30 membros

É unha honra facer parte dun grupo onde prima a calidade humán, a igualdade e unha excelente relación que transmitimos...

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira aposta por facer unha oposición firme, fiscalizadora e propositiva

No Pleno de Organización de mañá vou expresar a liña de traballo que vai representar ao BNG local neste lexislatura ...

Por Alexandre Filgueira