Rogos e preguntas (103)

Ernesto Filgueira insta, por enésima vez, a Cubela a cumprir coa súa palabra e levar a Fibra Óptica a todo o concello

O BNG impulsa un conxunto de propostas para o vindeiro pleno do 5 de abril nas que se lle replica ao Alcalde a súas contradicións constantes a prol da verdadeira situación a prol da extensión do Fibra no total do termo municipal.

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia a situación de abandono no que se atopa o mobiliario público do concello

Ernesto Filgueira leva ao pleno do 5 de abril unha baterías de propostas co obxectivo de instar ao goberno do PP de Cubela a por en valor o mobiliario público a través dun Plan de Mantemento ou Reposición con carácter de urxencia.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pide un Plan de Melloras Urxentes para o lugar de Trabazo, Carballedo

A Veciñanza de Trabazo veñen de achegarlle a Ernesto Filgueira os problemas que presenta o vial que atraveza o lugar en materia de seguranza viaria e que se derivan polo mal estado do firme e a falla de canalización das augas pluviais.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda información sobre a limpeza e os traballos de excación do Castro da Cividade de San Xurxo

O BNG leva a Pleno as obras que se están a desenvolver no Castro da Cividade e reclama o proxecto de limpeza, a data de entrega no rexistro municipal, a descripción do alcance dos traballos e o contrato das sondaxes.

Por Alexandre Filgueira

O BNG esíxelle ao PP a normalización de uso de todas as Casas do Pobo pendentes da nova cesión

Ernesto Filgueira critica que Cubela leve a Pleno a cesión das Casas do Pobo de Aguasantas, Pedre e Caroi deixando atrás as de Rebordelo, Tenorio, Almofrei e Borela.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama do goberno do PP medidas cautelares contra os PE dos Cotos, Campo das Rosas e Porto Vidros

O BNG leva a Pleno a urxencia de que o Alcalde solicite medidas cautelares a fin de paralizar a construción dos parque eólicos que afectan ao concello e pide a convocatoria de Xunta de Voceiros.

Por Alexandre Filgueira

O BNG propón melloras de seguranza viaria na estrada interior que une Trabazo con Paraños, Carballedo

Ernesto Filgueira defende en pleno a eleminación dunha curva moi perigosa localizada no vial que une Trabazo con Paraños a fin de mellorar a seguranza viaria en Carballedo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG reclama a mellora do tramo de 500m pendente de reforma no vial Palleiros-A Rocha, Tenorio

Ernesto Filgueira defende en pleno a necesidade de que o o goberno local execute a mellora do tramo que quedou sen mellorar na metade da estrada Palleiros - A Rocha a fin de mellorar a seguranza viaria da mesma.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira leva a Pleno o motivo polo que o goberno non ten en funcionamento os Baños do San Xusto após de dous anos das obras inauguradas

Para o BNG resulta incomprensíbel como as instalacións dos Baños do San Xusto seguen a estar pechadas e mesmo presentando síntomas de deterioro logo de seren inauguras a bombo e platillo en abril de 2021. Urxe poñelos en funcionamento e que sexan un activo que dinamice o concello.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao goberno a reparar as fugas de auga da senda peonil da Xesteira 

Erneto Filgueira demanda do Alcalde un maior esforzo e ínstao a exercer na Xunta a presión suficiente para rematar dunha vez por todas coa perigosidade na PO-233 por mor da auga que nace no paso peonil e que invade o vial.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta á corporación municipal a rexeitar unánimente a Liña de Alta Tensión Cotos-Pontesampaio

O obxectivo da iniciativa do BNG é propoñer un acordo de rexeitamento a este novo proxecto no marco do modelo eólico invasor deseñado pola Xunta que dirixe o PP e que está chamado a destrozar as terras de Cerdedo e de Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG preocupado polo incumplimento do sr Cubela pola chegada da Fibra Óptica ao conxunto da veciñanza

Ernesto Filgueira denuncia o retraso acumulado a respecto da implantación da fibra óptica no 100% do territorio municipal a pesares do compromiso adquirido nas reunións veciñais de comezos de ano cunha técnico de movistar presente.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira propón un Plan de Recollida selectiva e máis efectiva do lixo 

O BNG entende que os colectores deberan contar cunha illa que os amparara dos axentes climatolóxicos ademáis de garantir unha maior salubridade e unha maior concienciación veciñal.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a reclamar da Xunta melloras nos horarios e paradas do transporte regular

O BNG recolle a preocupación das familias dos mozos e mozas e comezan nos institutos e non contan con boas combinacións para o seus traslados de ida e volta dende Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pide a colocación de bancos públicos entre os Castros e Piñeiro

Ernesto Filgueira recolle as demandas da veciñanza de Quireza e reclama do goberno a creación dunha área de recreo entre os lugares de Piñeiro e Os Castros, Quireza.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama maís seguridade viaria á altura da ponte do Pozo Negro de Rebordelo

O BNG pide que sexa colocada unha vionda antes do petril da ponte do Pozo Negro e interveña nos petrís da mesma para reducir o seu ancho a fin de reducir o risco para as crianzas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demándalle ao Alcalde que cumpla coa súa palabra que priorice a colocación da Fibra Óptica nas parroquias

Ernesto Filgueira urxe ao goberno a extender a Fibra a todas as parroquias e a dixitalizar o concello para que sexa máis competitivo no económico, social e educativo.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda a limpeza das laxes dos petróglifos de Cernadelo en San Xurxo en Sacos

Ernesto Filgueira insta ao goberno local a acometer unha limpeza dos petróglifos de Cernadelo e emprender un proxecto de excavación da contorna na baixada ao San Xusto.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pide a revisión e arranxo do mobiliario público da parroquia de Tomonde

Veciñas de Tomende fanlle chegar ao BNG as deficiencias e o deterioro que presentan os bancos da parroquia e que deben ser arranxados rápidamente para que poidan ser usados pola veciñanza de xeito seguro.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda a construción urxente dunha parada segura para o transporte escolar á altura das Lagoas en dirección Carballedo-Bora

Ernesto Filgueira recolle as preocupacións dos pais e nais das crianzas que utlizan o transporte escolar e salientan a perigosidade que existe ao non contar cunha parada sen as condicións de seguridade viaria necesarias no vial autónómico PO-233.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira eleva ao Pleno a falla de solucións do sr Alcalde a respecto dunhas obras que afectan á propiedade dun veciño de Fentáns

O BNG tivo acceso a informes, resolucións de Alcaldía e alegacións presentadas polo afectado e tanto o Concello como a Xunta continúan tirándose o problema dunha administración a outra sen que ningunha aporte unha solución real ao propietario.

Por Alexandre Filgueira

Proposta do BNG para que o goberno local leve a cabo traballos de hixienización nas rúas do núcleo de Cerdedo 

Ernesto Filgueira insta ao sr Alcalde a incrementar a limpeza nas rúas do casco urbán e a restaurar ou repor, se fora o caso, as papeleiras deterioradas máxime cando están a verter o lixo ao espazo público.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a reverter urxentemente o derrubamento do tallamar da Ponte de Pedre 

O BNG leva unha iniciativa ao pleno de marzo de 2023 instando ao PP a proxectar unha reforma integral do conxunto da Ponte medieval de Pedra que garanta a estabilidade da histórica infraestructura das Terras de Montes.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta ao goberno local a elaborar un plan de restauración para poñer en valor a Área Recreativa da Soldada, Vilanova de Tenorio

O BNG leva unha iniciativa ao pleno de marzo de 2023 para dar contar do estado de abandono que presenta á Soldada e sobre todo da falla de seguridade para as persoas usuarias na borde do barranco ao contar cun peche de madeira malogrado e podrido.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao PP a adecentar e repor os cachotes do muro que envolve a Fonte do Cura de Sacos

Ernesto Filgueira leva a pleno unha petición para que o goberno local manteña en bo estado o patrimonio veciñal e garanta a seguridade da veciñanza no entorno da fonte do Cura, en Sacos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao PP a reclamar da Xunta unha intervención de mellora das beirarrúas da PO-233 á altura da Chan

Ademáis do lamentábel estado no que se atopan as beirarrúas, especialmente aquelas que se ubican na marxe dereita dirección Bora-Carballedo, e a fixar os postes do peche paralelo ás mesmas para garantir a seguranza das persoas usuarias.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira isnta ao goberno local a reclamar melloras de sergura viaria no vial principal de Rebordelo e adecentar á Área Recreativa do Pozo Negro

Para o BNG é urxente tramitar na Deputación, titular do vial EP-0403, medidas de calamado de tráfico e dotar dunha plan integral de melloras ás piscinas fluviais e da súa área recreativa do Pozo Negro.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira demanda melloras no Quinteiro de Arriba de Trabazo

A veciñanza de Trabazo deulle conta ao BNG da necesidade de reverter a lamentábel situación do camiño do Quinteiro de Arriba, revisar a rehabilitación da Fonte das Barreiras e aplicar un tratamento especial á contorna natural no lugar.

Por Alexandre Filgueira

Ernerto Filgueira insta ao PP a por en valor a área recreativa da Soldada para garantir a seguridade das peroas usuarias

O BNG ven de rexistrar unha iniciativa para que o goberno do PP acometa accións urxentes de mellora a través dun plan de limpeza, a restauración da pérgola e a necesaria reposición da cerca perimetral de madeira. 

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta ao Goberno do PP a presentar informes técnicos e alegacións conxuntas contra o P.E. Monte do Pé 

O BNG leva unha iniciativa ao Pleno de xaneiro instando ao Alcalde a convocar urxentemente unha Xunta de Portavoces para que explique as accións previstas polo goberno a fin de parar o P.E. Monte do Pé que afecta especialmente a Aguasantas.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a acondicionar o acceso dunha vivenda da Revolta, Cerdedo 

O BNG leva a pleno a necesidade de garantir un acceso digno á familia afectada da Revolta, Cerdedo, que lle permita concectar a súa vivenda coa estrada do lugar e poder recibir os servizos de emerxecia no caso de ser preciso.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insiste na urxencia de dotar ao 100% das parroquias de Fibra Óptica

Ernesto Filgueira recibe as queixas da veciñanza, na maior parte dos casos pola discriminación entre lugares da mesma parroquia, pola implantación da fibra óptica tan desigual no territorio nunha sociedade que esixe e demanda unha boa dixitalización.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira denuncia acumulacións de lixo prolongadas en diferentes parroquias do concello

O BNG reclama do goberno local unha mellora do servizo de recollida de lixo e traballar por un plan de recollida selectiva máis ambicioso paralelo a unha campaña de concienciación veciñal.

Por Alexandre Filgueira

 O BNG denuncia que o Alcalde perdeu 3079€ da Deputación necesarios para o arranxo urxente do Cruceiro de Barreiros de Loureiro

Ernesto Filgueira pregunta ao goberno local o motivo polo que non xustificou en tempo e forma a subvención provincial e si ten previsto traballar para financiar a necesaria intervención no ben público de Loureiro.

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia o silencio e a opacidade do Alcalde a prol do estado da tramitación dos PE Porto Vidros, Campo das Rosas e Os Cotos

Ernesto Filgueira reclama en Pleno a necesidade de que o Goberno do PP se preocupe e imforme da inminente publicación das DIA  por parte da Xunta dos parque eólicos dos Cotos, Porto Vidos e Campo das Rosas. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG critica o silencio do PP e falla de iniciativa para loitar contra o Parque Eólico Pedra Longa

Ernesto Filgueira reclama do Alcalde maior compromiso e ínstao a presentar alegacións e informes técnicos contra o novo proxecto eólico con serias afectacións para a veciñanza de Tomondo e Quireza.

Por Alexandre Filgueira

O BNG reclama do Alcalde atención ao mal estado da praza e da Fonte de Cabanelas, Viascón

Ernesto Filgueira denuncia que é a veciñanza a que de xeito recurrente ten que limpar a praza e a fonte de Cabanelas, desatendida ao longo dos anos de goberno do PP.

Por Alexandre Filgueira

O BNG leva a Pleno a necesidade de analizar a calidade das augas da Fonte de Cuspedriños

A veciñanza do lugar trasladoulle ao BNG os temores de que a fonte non conte con augas óptimas para o consumo polo que Ernesto Filgueira demanda do Goberno unha análise para garantizar a súa potabilidade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG mostra preocupación polas desacertadas intervencións feitas nas Piscinas de Viascón

Ernesto Filgueira pregunta se as intervencións na área de recreo de Viascón contan con un proxecto integral de mellora do entorno e se conta cun orzamento acorde ás necesidade de melloras do espazo de ocio.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta ao goberno a repoñer as duchas deterioradas das Piscinas de Cerdedo

O BNG denuncia a necesidade de facer un cambio das estructuras das duchas da área recreativa de Cerdedo tendo en conta que queda todo o verán por diante e urxe contar cuns servizos óptimos para a veciñanza.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insiste que o PP debe cumplir co aprobado en Pleno e retirar a simboloxía franquista dos bens públicos

Unha nova orde de axudes da Deputación para retirar a simboloxía franquista dos bens públicos que o noso non pode perder en favor dun concello máis democrático, así llelo pedíu Filgueira ao Alcade do PP.

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia ao Alcalde por non convidar a Caracoles o Gallo a participar na Feira Agroalimentar de Cuspedriños

Ernesto Filgueira demanda seriedade e unha desculpa pública do Alcalde á empresa familiar Caracoles o Gallo pola discriminación sufrida por parte do goberno do PP.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filguiera leva a Pleno o motivo polo que o goberno segue sen organizar a Feira de Cuspedriños

O BNG denuncia o abandono do Alcalde, parece que a propósito, coa tradicional Feira de Cuspedriños pese a terse convertido nun evento de referencia para Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG da conta dos incumplimentos do Alcalde polo peche de Abanca na Chan, Carballedo.

Ernesto Filgueira, volve denunciar a falta de compriso do Alcalde ao non ter retiradas as contas bancarias de Abanca nin ter atopado outra entidade tal e como o publicitara nos medios, sen ter en conta que o PP non declarou a Escotet persoa non grata.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregunta en Pleno polo "suposto" plan municipal de apoio aos prdutores locais

Ernesto Filgueira lembra que na súa moción recollíase establecer unha partida orzamentaria de apoio aos produtores para a dixitalización, promoción, e a creación dunha plataforma dixital para a venda dos seus produtos. Moción rexeitada polo PP.

Por Alexandre Filgueira

BNG demanda, unha vez máis, que o concello xestione a implantación da fibra óptica no conxunto do concello

Para o BNG é primordial contar cunha rede de velocidade alta que permita mellorar a competitividade das empresas e autónomos locais e se garanta á veciñanza un acceso de tanta calidade no rural coma se ten nos núcleos urbanos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG propón por en marcha un Plan de Apoio para os creadores e autónomos do sector cultural de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira leva a Pleno unha iniciativa a fin de garantir axudas para os creadores culturais do concello e colaborar na dinamización dun sector esquencido á hora de recibir axudas por parte das institucións.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insta ao Alcalde a cumplir co aprobado en Pleno e retirar a simboloxía franquista dos bens públicos

O BNG urxe ao goberno local a solicitar a liña de axudas da Deputación para a eliminación da simboloxía fascista e dar, así, cumplimento á Leí de Memoria Histórica.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a non demorar a entrega dos os terreos á Deputación necesarios para a reforma da estrada de Almofrei

O BNG pregunta en Pleno o motivo polo que, logo de terse aprobado a moción do BNG coa abstención do PP e contar coa redacción do proxecto para a reforma do vial por parte da Deputación, o Alcalde aínda non entregou os terreos necesarios.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda que o concello xestione a implantación urxente da fibra óptica no conxunto do concello

Ernesto Filgueira pregunta o motivo polo que uns lugares dentro da mesma parroquia contan co servicio e outros fican sen él e cando pensa o goberno dotar co 100% de fibra ao termo municipal.

Por Alexandre Filgueira

O PP segue a esconder a carta enviada á directora de planificación enerxética da Xunta

Ernesto Filgueira denuncia a actitude oscurantista do Alcalde e do seu goberno en relación á carta enviada á Xunta que segue sen ser publicada nin enviada á oposición.

Por Alexandre Filgueira

Trala reunión do BNG coa veciñanza de Almofrei, Filgueira leva a Pleno as súas demandas para a parroquia

Ernesto Filgueira urxe unha reforma integral da Casa do Pobo de Almofrei así como melloras en seguranza viaria, reposición por luces led nas luminarias do adro e unha illa para os colectores na Xesteira.

Por Alexandre Filgueira

O BNG solicita que o Alcalde faga pública a carta enviada á directora de planificación enerxética da Xunta

Ernesto Filgueira entende que se o Alcalde segue a ocultar a misiva enviada é porque algo esconde o goberno local do PP en relación á especulación eólica que axexan os montes do concello.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demostra que o Alcalde mentiulle á veciñanza ao ocultar as solicitudes para obras vencelladas ao PE dos Cotos

Ernesto Filgueira pregunta en pleno o motivo da mentira do Alcalde ao negou diante da veciñanza, reunida nun acto en Carballo o 27 de xuño de 2021, que o concello non tiña documentación vencellada ao proxecto do PE dos Cotos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregúntalle ao Alcalde por qué segue a incumplir o acordo plenario no que tiña que retirar as contas de Abanca

Ernesto Filgueira acusa ao sr Cubela de mentir ao anunciar a chegada doutra entidade bancaria a Carballedo. Nada se sabe dese anuncio feito o 9-9-21 nunha emisora radiofónica.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregúntalle ao goberno do PP polo modelo previsto para a explotación dos Baños do San Xusto

Ernesto Filgueira pregunta ao goberno pola situación na que se atopa o proxecto dos baños e o entorno do San Xusto e pola posíbel data de apertura prevista.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira denuncia discrimación por parte da alcaldía ao non ser convidado aos actos oficiais 

O BNG denuncia a mala praxe política, oscurantismo e situacións de discriminacións por parte do Alcalde e do seu goberno ao concelleiro nacionalista, Erneso Filgueira.

Por Alexandre Filgueira

O BNG demanda con urxencia a limpeza do caude do río Almofrei ao seu paso por Pazos de Borela

Ernesto Filgueira expresa a súa preocupación polos habituais desbordamentos do río Almofrei en Pazos o que provoca que se aneguen, na época de choivas, as propiedades paralelas ao cauce.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pregunta pola tardanza na instalación da Fibra Óptica no conxunto das parroquias do concello

Para o BNG resulta incomprensíbel que haxa lugares dentro das parroquias que queden sen a instalación da alta velocidade provocando situacións de discriminacións entre a veciñanza.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao goberno a dotar de sinalización de seguridade e limitacións na estrada de Ceraxe, Valongo-Aguasantas

Ernesto Filgueira considera que a estrada recentemente acondicionada debe contar con todos aqueles elementos que aporten seguridade viaria a todos os seus usuarios.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao goberno a actuar con urxencia no deteriorado vial do Pé do Múa

Ernesto Filgueira pide o arranxo do vial e garantir a seguridade viaria dotándoa de sinalización vertical e horizontal.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filguiera reclama do goberno un protoco unificado para a recollida de voluminosos

Ernesto Filgueira pide en sesión plenaria un protocolo de recollida de voluminosos claro, concreto e unificado para o conxunto do territorio municipal.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregunta ao goberno local se conta cunha máquina trituradora de podas

Ernesto Filgueira solicita do goberno un protocolo regulado para que a veciñanza poida solicitar o uso da máquina trituradora de podas do concello.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira preocupado pola opacidade do proxecto previsto para o entorno das piscinas de Cerdedo

O BNG insta ao alcalde a explicar o proxecto en xunta de voceiros e pide que a actuación sexa todo o respectuosa posíbel cos valores naturais existentes na contorna do espazo de recreo fluvial.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pide que o goberno cumpla a súa palabra e retire as contas municipais de Abanca

Ernesto Filgueira acusa a sr Cubela de retrasar, deliveradamente, a retirada dos fondos municipais de Abanca incumprindo, ademáis, o acordo plenaria consensuado pola corporación.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira urxe a dotar de reductores de velocidade a fin de garantizar a seguridade viaria na estrada Carballedo-Caroi.

Veciños de varios lugares da parroquia de Corredoira veñen de trasladarlle ao BNG a súa preocupación polo paso de coches e motos a moita velocidade na estrada EP-0401. 

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filguiera pregunta polos 28.183€ en concepto de publicidade gastados polo goberno do sr Cubela

O BNG pregunta polos servizos concretos de comunicación que prestan as empresas pagadas durante o 2020, pola eficación da función comunicativa e se foron asinados contratos coas mesmas.

Por Alexandre Filgueira

O BNG urxe ao goberno a a xestionar melloras de calmado do tráfico na estrada de Borela

Ernesto Filguera recolle o sentir veciñal e urxe a acadar maior seguridade viaria, se ben no conxunto da estrada de Borela, especialmente á altura do Centro Cultural Nélida Piñon.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregunta ao goberno do PP polo nível de despregamento da Fibra Óptica no total do concello

A Fibra Óptica é un ben urxente é necesario para as familias e para os negocios do concello polo que Ernesto Filgueira reclama axilidade na súa instalación en Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira solicita axudas aos produtores locais para darlle publicidade aos seus prudutos ecolóxicos

O BNG reclama axudar aos podutores locais co obxectivo de permitirlles captar novos mercados de proximidade para a súa produción.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira solicita a retirada inmediata dos agresivos redutores de velocidade colocados na vía do Redondo, Viascón

Filgueira pide que sexan substituidos os actuais reductores de velocidade por outros menos agresivos, cuio modelo permita seguir a manter a seguridade viaria no núbleo.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira reclama a limpeza integral das vías interiores do núcleo de Cerdedo

Logo das queixas achegadas por parte da veciñanza de Cerdedo, Ernesto Filgueira, insta ao goberno local a unha limpeza exhaustiva que garantice seguridade aos viandantes usuarios. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG pide xudicializar a falla de prestación rehiterada dos servizos da empresa Movistar

Ernesto Filgueira denuncia os frecuentes cortes nos suministros de luz, teléfono e internet nas parroquias de Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pregúntalle ao goberno se ten constancia de posíbeis bens inmatriculados pola igrexa 

O BNG quere saber si dende a alcaldía se ten examinado o listado dos bens inmatriculados pola igrexa entre os anos 98/15 como consecuencia da acción lexislativa da época de Aznar.

Por Alexandre Filgueira

O BNG denuncia cortes nos suministros básicos en diferentes parroquias do concello

Ernesto Filgueira insta ao goberno local a xestione diante das operadoras melloras inmediatas nas redes de suministros de luz, teléfono e internet en diversos lugares de Cerdedo-Cotobade.

Por Alexandre Filgueira

O BNG esixe ao goberno do PP que Ernesto Filgueira, como edil da corporación, apareza na web municipal

Ernesto Filgueira defende unha iniciativa en sesión plenaria para a fin de que o sr Cubela de orden de actualizar o apartado da corporación na web do concello após dous anos de mandato. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG preocupado pola posta en marcha do transporte integrado por parte da Xunta nos centros educativos do concello

Filguiera informa do malestar de pais e nais diante do novo sistema de transporte integrado proposta pola Consellería de Mobilidade da Xunta de Galiza. 

Por Alexandre Filgueira

O BNG recada información sobre as accións concretas de Terras de Pontevedra en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira pregunta en sesión plenaria polas actuacións concretas das Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra executadas en 2020.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pregúntalle ao sr Cubela polas humidades persistentes na Casa do Pobo de Aguasantas

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG pregunta ao goberno municipal se vai reverter a lamentable situación de humidades antes de que prescriba a garantía da obra.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insiste na colocación de sinais que limiten o acceso de vehículos de grande tonelaxe ao Chan do Beseiro, Rebordelo

A solicitude do BNG, rexistrada en outubro de 2020, segue sen ser atendida polo PP pese aos preblema reiterados debido ao paso de vehículos de grande tonelaxe nos lugares da parroquia.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insta ao Alcalde a informar pola recadación do IBI de 2019

O BNG pregunta pola relación dos ingresos reflexados nos orzamentos de 2020 a partires da recadación do IBI de 2019.

Por Alexandre Filgueira

O BNG insta ao Alcalde a rexeitar o GES da Lama e loite por un Parque de Bombeiros 

Ernesto Filgueira rexeita o GES ,colocado a dedo pola Xunta na Lama, ao non ser o sistema de emerxencias que, polos medios materiais, técnicos e isocronas, de unha resposta axeitada e en tempo ao conxunto da veciñanza.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira isnta ao Goberno a rexistionar a retirada de escombros no tramo vello da N-541 en Dorna

Atópanse localizada unha escombreira nun antigo tramo da estrada nacional á altura o lugar de Dorna, en Santa María de Sacos.

Por Alexandre Filgueira

O BNG propón destinar 368.000€ do fondo fusións a apoiar aos autónomos, pequenos empresarios e á cultura

Ernesto Filgueira, propón destinar 368.000€, do 1.340. 000€ previstos do Fondo Fusións, ao rescate dos sectores económicos e culturáis do concello.

Por Alexandre Filgueira

O BNG advirte do perigo nas vías interiores de Rebordelo polo paso de vehiculo de gran tonelaxe

Ernesto Filgueira solicítalle ao Goberno a colocación de sinalización de limitación para vehículos de grande tonelaxe nos accesos dos lugares da parroquia de Rebordelo.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira insta ao Alcalde a actuar con celeridade para evitar o derrube da ponte de Portamuíños, Cerdedo

O BNG recolle a reclamación e preocupación da veciñanza dos lugares de Cerdedo e insta ao Goberno a actuar urxentemente na ponte dos Portamuíños, sita no Camiño das Raposeiras.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pídelle ao Goberno Local unha illa de colectores na parte norte de Trabazo, Carballedo

A veciñanza de Trabazo solicitáronlle a Ernesto Filgueira que interveña para que o sr Cubela atenda as súa demandas e sexa colocada unha illa de colectores.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregúntalle ao Goberno pola data da declaración de Ricardo Portela como Fillo Predilecto a título póstumo

O pasado 18 de setembro de 2019 rexistramos moción en favor da efeméride do Gaiteiro Ricardo Portela e prese á súa aprobación por unanimidade o BNG segue sen resposta por parte do Alcalde.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insístelle ao Alcalde na necesidade de convocar xunta de voceiros de xeito prioritario

Ernesto Filgueira volve rexistrar unha solicitude para instar que o sr Cubela convoque unha reunión cos grupos da oposición de maneira urxente.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insta ao Goberno Local a vixiar o estado das luminarias e as tapas do saneamento de Cerdedo

Ernesto Filgueira, roga a retirada de voluminosos no tramo da nacional vella que vai dende Pedra até Vichocuntín.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira solicita con carácter de urxencia unha reunión de voceiros so sr Cubela

O Portavoz Municipal do BNG, Ernesto Filgueira, insta ao Alcale a convocar unha Xunta de Portavoces Municipais de xeito urxente.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filguera insta a Cubela a mellorar a convocar frecuentemente a Xunta de Voceiros Municipais

O Portavoz Municipal do BNG, Ernesto Filgueira, reitera unha vez máis que o Goberno Local debe mellorar a súa comunicación cos voceiros da oposición.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira pregunta pola contratación pública do quiosco da área recreativa das piscinas de Cerdedo

Na plataforma de contratación pública municipal saiu no presente mes publicado un anuncio de licitación con expediente 838/2020 referido á explotación do quiosco da área recreativa e piscinas fluviais de Cerdedo.

Por Alexandre Filgueira

A propósito do servizo de limpeza e baleirado de papeleiras no centro urbán de Cerdedo

Ernesto Filgueira pregunta en Pleno polo servizo de limpeza de Cerdedo logo de varias reclamcións feita pola veciñanza do centro urbán.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira reclámalle ao Goberno Local que dea conta do estado de tramitación das mocións aprobadas en pleno

O portavoz municipal, Ernesto Filgueira, pregunta pola situación da docena de mocións debatidas e aprobadas ao longo do primeiro ano de mandato.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira pregunta pola seguridade viaria da PO-235 e polas humidades na Casa do Pobo de Aguasantas

Ernesto Filgueira reclama medidas de calmado de tráfico na PO-235 ao seu paso por Aguasantas e a instar á Xunta a retirar as viondas na PO-234 que impiden aos sendeiristas achegarse aos muíños de Calvelle.

Por Alexandre Filgueira

Veciñanza de Rebordelo reclaman medidas de calmado de tráfico no vial da parroquia

Ernesto Filgueira pregunta en Pleno se o Alcalde ten solicitado medidas que garantan seguridade viaria á veciñanza, ciclistas e conductores no vial EP-0403.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira pregunta pola falta de respostas por parte do Alcalde ás demandas do BNG rexistradas en 2019

O BNG segue á espera de que o Goberno Local de resposta é cumplimento ás demandas rexistradas no portelo municipal ao longo de 2019.

Por Alexandre Filgueira

O BNG pregunta polo estado de tramitación das mocións aprobadas pola corporación 

Ernesto Filgueira pregúntalle ao Goberno Local polo nivel de cumplimento das diversas demandas recollidas nas mocións presentadas polo BNG nos plenos de 2019.

Por Alexandre Filgueira

Preguntas dirixidas ao sr Alcalde a prol da situación da sanidade nos centros públicos de Cerdedo-Cotobade

A Atención Primaria dos Centros de Saúde do concello están a sufrir un importante deterioro na prestación dos servizos ademáis de constantes ataques dende a Xunta de Galiza cuio obxecto é a xestión privada.

Por Alexandre Filgueira

Ernesto Filgueira pregunta pola falla de sinal de TV en Santa María de Sacos

Na parroquia de Santa María de Sacos existe un problema vinculado a mala recepción do sinal de TV.

Por Alexandre Filgueira

Filgueira insta ao goberno a xestionar a retirada dos verquidos nos tramos antigos da N-541

Existen diversos puntos de verquidos, faltos de limpeza e sinalización deteriorada ou tumbada localizados en diversos tramos antigos ao longo da N-541.

Por Alexandre Filgueira

Situación vías en Tenorio, Borela, Trabazo. Saneamento de Tenorio. Escombreira en Almofrei.

Ernesto Filgueira leva a sesión plenaria varias preguntas vencelladas ao mal estado dalgunhas vías municipais, a rede de saneamento de Tenorio e necesidade de acabar coa escombreira de Almofrei.

Por Alexandre Filgueira