Alexandre Filgueira (396)

Moción referida á "MELLORA URXENTE DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA: PARQUE DE BOMBEIROS E AMBULANCIA DE SOPORTE VITAL AVANZADO NO PAC DE CERDEDO"

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida á MELLORA URXENTE DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA: PARQUE DE BOMBEIROS E AMBULANCIA DE SOPORTE VITAL AVANZADO NO PAC DE CERDEDO”.

O BNG insiste na necesidade e urxencia de contar con servizos de emerxencia axeitados para atender as demandas da poboación

Ernesto Filgueira: “Insto a Cubela a deixar a súa actitude pasiva e tomar a iniciativa para impulsar un novo parque de bombeiros e uns servizos sanitarios acordes coas necesidades dos veciños e veciñas”.

O BNG insta a Cubela a renovar urxentemente os convenios de cesión das Casas do Pobo ás entidades veciñais de Borela, Augasantas, Caroi, Almofrei, Rebordelo e Tenorio 

Ernesto Filgueira esíxelle ao PP que leve a renovación dos convenios ao pleno municipal de xaneiro para que non haxa inseguridade xurídica nin se lle quite á veciñanza a posibilidade de se presentar ás subvencións da Deputación Provincial. Cerdedo-Cotobade, 9 de xaneiro de 2024.

Ernesto Filgueira insta a Cubela a reconsiderar o Plan especial de Infraestruturas e Dotacións nas proximidades das piscinas fluviais de Cerdedo 

O BNG insta ao goberno local do PP a apostar por un proxecto máis respetuoso co medio natural e coa veciñanza e abandoe a teima de levantar máis infraestructuras que teñen por obxecto especular coa súa privatización.

O BNG propón melloras de seguranza viaria na estrada interior que une Trabazo con Paraños, Carballedo

Ernesto Filgueira defende en pleno a eleminación dunha curva moi perigosa localizada no vial que une Trabazo con Paraños a fin de mellorar a seguranza viaria en Carballedo.