Alexandre Filgueira (396)

O BNG demanda a limpeza das laxes dos petróglifos de Cernadelo en San Xurxo en Sacos

Ernesto Filgueira insta ao goberno local a acometer unha limpeza dos petróglifos de Cernadelo e emprender un proxecto de excavación da contorna na baixada ao San Xusto.

Ernesto Filgueira pide a revisión e arranxo do mobiliario público da parroquia de Tomonde

Veciñas de Tomende fanlle chegar ao BNG as deficiencias e o deterioro que presentan os bancos da parroquia e que deben ser arranxados rápidamente para que poidan ser usados pola veciñanza de xeito seguro.

O BNG demanda a construción urxente dunha parada segura para o transporte escolar á altura das Lagoas en dirección Carballedo-Bora

Ernesto Filgueira recolle as preocupacións dos pais e nais das crianzas que utlizan o transporte escolar e salientan a perigosidade que existe ao non contar cunha parada sen as condicións de seguridade viaria necesarias no vial autónómico PO-233.

O BNG presenta alegacións ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións do vial Cerdedo-Caroi 

Ernesto Filgueira: “Reclamo do alcalde e do seu goberno unha maior atención ás demandas da veciñanza da Revolta e dos núcleos próximos, e negocie, sen imposicións, o tramo do vial que máis polémica suscita entre a veciñanza de Cerdedo, optando por aquel que menos impacto cause á contorna natural de Cerdedo”.

O BNG demanda o servizo de matrona, unha ambulancia medicalizada e melloras na atención sanitaria en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira: “Seguiremos a reivindicar a necesidade de que a Xunta solucione as graves deficiencias sanitarias que ten o noso concello: que repoña o servizo de matrona, que contemos cunha ambulancia medicalizada, que reforce a enfermaría e que cubra as baixas e vacacións do persoal sanitario”.