Ernesto Filgueira eleva ao Pleno a falla de solucións do sr Alcalde a respecto dunhas obras que afectan á propiedade dun veciño de Fentáns
O BNG tivo acceso a informes, resolucións de Alcaldía e alegacións presentadas polo afectado e tanto o Concello como a Xunta continúan tirándose o problema dunha administración a outra sen que ningunha aporte unha solución real ao propietario.