O BNG de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro demanda a mellora integral da PO-230 que une Praderrei, Fentáns, San Isidro e o Serrapio
Ernesto Filgueira: “Estamos poñendo sobre a mesa un problema serio que nos fixo chegar a veciñanza, e traballaremos para que se lle dea solución canto antes”. Belén Búa: “Levaremos o tema ao Parlamento galego. Non é de recibo que unha estrada competencia da Xunta presente un estado tan lamentábel como a PO-230”.