Alexandre Filgueira (396)

O BNG solicita unha Auditoría sobre a seguranza viaria na rede de estradas que atravesa Cerdedo- Cotobade

Ernesto Filgueira: “Con esta moción pretendemos que se detecten os problemas de seguranza da nosa rede viaria, tanto para a circulación de vehículos como para os tránsitos peonís, como paso previo para que as distintas administracións se lle podan poñer solucións”.

O BNG leva ao Congreso a adopción de medidas urxentes para a mellora da seguranza viaria na N-541, tanto para vehículos como para persoas 

Nestor Rego: “É urxente mellorar a estrada para que non teñamos a desgraza de ter que sofrer máis traxedias como as acontecidas as últimas semanas”.

O PP insiste en castigar a Cerdedo-Cotobade ao sacar un novo parque eólico a exposición pública, o PE Monte do Pé en Aguasantas

Ernesto Filgueira: “Que mal lle fixemos ao PP as veciñas e veciños de Cerdedo-Cotobade para que insista en converter o noso territorio nun macro parque industrial eólico”.

O BNG demanda no Parlamento galego a adopción de medidas para garantir unha atención sanitaria digna en Cerdedo

Atención sanitaria presencial todos os días en horario de mañá, cubrición das baixas para garantir a atención sanitaria de calidade, mellora da atención das urxencias e recuperación do servizo de pediatría, demandas do BNG.

Bará e Filgueira e membros do BNG de Cerdedo-Cotobade presentan as emendas aos orzamentos 2023 da Xunta

Bará e Filgueira presentan as emendas do BNG para Cerdedo-Cotobade aos orzamentos da Xunta, centradas na Sanidade e Política social, Seguridade viaria, Cultura e Monte.