Alexandre Filgueira (396)

O BNG denuncia o silencio cómplice de Cubela ante a declaración favorábel da Xunta ao estudo de impacto ambiental do P.E. dos Cotos

Ernesto Filgueira condena o silencio de Cubela e do seu goberno e acúsao de inacción como alcalde para beneficiar os intereses da enerxética e do PP fronte aos intereses da veciñanza e insta ao Alcalde a xudicializar á Xunta por atentar contra as parroquias.

O BNG leva ao Parlamento a urxencia de reverter a precarización dos servizos sanitarios en Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira e outros membros do BNG local asisten ao pleno do Parlamento no que a deputada Montse Prado interpela ao conselleiro polas deficiencias da sanidade pública no concello e polo colapso da área sanitaria Pontevedra-Salnés.

O BNG reclama da Xunta máis recursos económicos e orzamentarios para loitar contra a violencia de xénero 

Ernesto Filgueira leva a pleno unha moción na que solicita apoio da corporación ás mobilizacións feministas convocadas o 25N contra a violencia machista e outras medidas de apoio económico.

Moción referida aos "COMPROMISOS ECONÓMICOS E ORZAMENTARIOS PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á VIOLENCIA MACHISTA"

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida aos “COMPROMISOS ECONÓMICOS E ORZAMENTARIOS PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á VIOLENCIA MACHISTA”. 

Ernesto Filgueira: “Comprometémonos a mellorar a rede actual de saneamento e levalo a todos os lugares do Concello”

O BNG inicia con forza e con confianza o camiño para conseguir o mellor resultado da súa história. Ernesto Filgueira sinala que "saimos a gañar, a liderar o futuro de Cerdedo Cotobade".