Alexandre Filgueira (396)

O BNG propón habilitar un espazo para a promoción da cultura local na feira dos Venres de Carballedo

Ernesto Filgueira: “Axudar á xente da creación, a arte e a cultura é axudarnos como comunidade”.

Mobilización masiva na concentración deste domingo en Cerdedo contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Ernesto Filgueira: “Sentímonos agradecidos pola unidade de acción alcanzada e a contundente resposta, pese á adversa climatoloxía, coa que a sociedade organizada de Cerdedo-Cotobade; contestou esta mañá contra o asentamento dos macro-proxectos eólicos nos nosos montes proxectados a carón de vivendas e liñas de alta tensión”. 

O BNG traslada ao Parlamento o rexeitamento de miles de persoas afectadas polos proxectos eólicos en Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Campo Lameiro e pide a súa paralización

Luís Bará recrimina ao Goberno do PP o impulso dun modelo eólico “depredador” para favorecer a grandes empresas eléctricas e garantir despois “as portas xiratorias”.

O BNG chama a Jorge Cubela, ao PP e ao PSOE a se sumar á mobilización contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

Animamos ao Alcalde ao PP e PSOE, a arroupar á veciñanza, ás plataformas existentes, ás comunidades de montes e ás entidades sociais convocadas a participar o vindeiro domingo 22 de maio ás 12h en Cerdedo.

Ernesto Filgueira insta a Cubela mellorar a recollida selectiva e a compostaxe en Cerdedo-Cotobade

“Nos encontros que mantivemos con entidades sociais e veciñais hai unha queixa que é común a boa parte do concello: o servizo de recollida de residuos municipais préstase de xeito deficiente e desigual en diversos lugares das nosas parroquias”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira.