Alexandre Filgueira (396)

O BNG presenta alegacións contra o parque eólico dos Cotos 

Ernesto Filgueira alega sobre os impactos severos sobre o territorio e apela a que a unanimidade política e social serva para paralizar un proxecto lesivo para Cerdedo-Cotobade 

Anxo Santomé: “No BNG estamos en condicións de presentar nas vindeiras municipais un proxecto gañador para Cerdedo-Cotobade” 

Impedir o espolio eólico, mellorar os servizos, dinamizar o tecido económico local, mellorar a seguranza viaria e desenvolver unha proposta cultural ampla, variada e decidida nas parroquias seguirán a ser eixos fundamentais do traballo político do BNG

O BNG preséntalle aos veciños e veciñas as iniciativas parlamentares sobre o parque eólico dos Cotos

O BNG organiza unha xuntanza coa veciñanza de Cerdedo-Cotobade para abordar as iniciativas parlamentares presentadas pola formación nacionalista para paralizar o proxecto eólico cos Cotos, que afecta de cheo ás parroquias de Viascón, Carballedo, Rebordelo, Loureiro, Borela e Augasantas.

O BNG insta a Cubela a alegar contra o parque eólico dos Cotos en pleno corazón do concello

Aproveitando estas datas de nadal, o DOG vén de sacar a exposición pública o estudo de “impacto ambiental e as solicitudes de autorización ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto,m das instalacións do parque ólico dos Cotos, situado en Cerdedo-Cotobade”, dando 15 días para presentar alegacións ao mesmo.

O BNG pregúntalle ao goberno do PP polo modelo previsto para a explotación dos Baños do San Xusto

Ernesto Filgueira pregunta ao goberno pola situación na que se atopa o proxecto dos baños e o entorno do San Xusto e pola posíbel data de apertura prevista.