BNG pregunta en Pleno pola falla de transparencia da Zona Verde prevista para a contorna das piscinas de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte pregunta instando á súa resposta:

Segundo a información que aparece na web municipal a respeito do Plan especial de Infraestructuras e Dotacións para a ordeación da zona verde EL/ZV-30,

O Concello de Cerdedo-Cotobade, adxudicou a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións coa finalidade de ordenar o sistema de espazos libres públicos denominado EL-ZV-30 no PXOM de Cerdedo, con cargo ao Plan Concellos 2021.Liña 1- investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra. Os obxectivos deste Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións é dar resposta ás necesidades municipais plantéxandose os seguintes obxectivos para o desenvolvemento do EL-ZV-30:

-Mellora dos accesos e da relación da área co núcleo deCerdedoe por extensión co resto do termo municipal a través das vías de comunicación que conflúen na capital municipal

-Previsión de infraestruturas axeitadas, entre as que se inclúen servizos urbanísticos axeitados e aparcamentos

-Ampliación da área de baño e de ocio existente

-Creación de espazos para o deporte ó aire libre

-Creación de espazos públicos naturalizados para o descanso a e práctica de hábitos saudables (sendas e bosques)

-Integración do arborado existente que presente especiais valores

-Creación de espazos para actividades organizadas con asistencia de público

-Creación de focos de atracción para viaxeiros de fóra do concello coa execución de áreas para autocaravanas.

-Respecto ós espazos naturais protexidos, tentando a súa conservación en estado natural pero integrándoos na ordenación.

-Mantemento en estado natural das zonas que máis alá dos espazos protexidos, presenten especiais valores medioambientais ou paisaxísticos.

-Integración pasaxística do conxunto no contorno procurando o mínimo impacto visual.

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Ten pensado o goberno local a canto van ir os custos de mantemento e limpeza deste proxecto e a que partida orzamentaria van ser incluidos?

-Por qué o goberno local quere sacrificar a valiña de Piñoa, As Cañoteiras, Os Peghos, As Touqueiras … en troco dun aparcamento para autocaravanas cando o segundo significa alterar, e mesmo desfacer, a contorna natural do primeiro?

Quedamos á espera de prontas respostas.