BNG pregunta en sede Plenaria cando vai acometer melloras viarias e saneamento na Longa, San Xurxo
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte pregunta instando á súa resposta:
O BNG de Cerdedo-Cotobade presentou unha moción en novembro de 2022 recollendo as demandas e sentir da veciñanza de A Longa, de San Xurxo de Sacos. Os puntos da moción foron os seguientes:
1. Instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a executar unha mellora integral no trazado da N-541 no entronque coa PO-231(Cutián) e se constrúa un cambio de sentido dirección OU-PO a fin de mellorar a seguranza viaria e mellorar a mobilidade da veciñanza do lugar da Longa de San Xurxo de Sacos.
2. Instar ao Goberno Local a instalar a rede de saneamento no lugar da Longa en San Xurxo de Sacos.
3. Instar ao Goberno Local a ensanchar, asfaltar e dotar de sinalización viaria ao camiño que une a N-541 coa PO-231 sito na parte traseira do antigo Baile Peña.
O BNG pregunta ao sr Alcalde:
-Instouse ao Ministerio de Transportes a executar unha mellora integral no trazado na N-541 no entronque coa PO-231, construir un cambio de sentido direccion OU-PO a finde de mellorar a seguranza viaria e a mobilidade da veciñanza da Longa?
-Ten o goberno local algún proxecto para levar o saneamento á Longa?
-Dispón o goberno local dalgún proxecto que permita o ensanche, asfaltado e sinalización do camiño (pola parte traseira do antigo sala baile Peña) que une a N-541 coa PO-231.
Quedamos á espera de prontas respostas.

