Ernesto Filgueira demanda melloras no Quinteiro de Arriba de Trabazo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta os seguintes ROGOS instando á súa resposta:

O BNG de Cerdedo-Cotobade observa varias deficiencias que deben ser tidas en conta para a mellora da contorna natural e da calidade de vida da veciñanza de Trabazo así como de obras que deben ser revisadas. Así pois, hai queixas da restauración da Fonte das Barreiras feita polo concello. Fonte que provén de 1934, nace nunha mina de 5m de longo que contaba con unha pedra furada a metade de canle a fin de regular o exceso de caudal cara un aliviadeiro no lateral e manter unha cantidade de auga maís ou menos regular no bico. Bico que antes era de ferro fundido, e hoxe é de tubaxes de plástico.

A veciñanza da conta da necesidade de actuar no vial do Quinteiro de Arriba xa que está moi deteriorado e solta grava que se ve arrastrada polas augas das choivas cara o Quinteiro de Arriba e Barreiras e máis o Camiño que une o Cabaleiro coa estrada Sacos-Trabazo. Ademáis, este camiño remata nunha contorna natural presidida por un Carballo centenario, espazo que debería ser obxecto dun tratamento especial que acondicione, humanice e protexa as especies naturais.

O BNG roga ao sr Alcalde:

-Revisar o proceso de rehabilitación da Fonte das Barreiras de Traballo, devolverlle o seu caudal regulado e colocarlle un bico libre de plásticos.

-Mellorar o vial do Quinteiro de Arriba e dotar dun espazo acondicionado e humanizado no que a prioridade sexa a conservación das especies naturais, con algún carballo centenario, localizado ao fin do vial.

Quedo á espera de prontas respostas.