Ernesto Filgueira reclama do goberno de Cubela claridade, transparencia e datas concretas para o despegue de Monte Mocín
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes preguntas instando á súa resposta:
O pasado mes de xuño, concretamente o día 16, o goberno local facía público “a súa satisfacción” por teren recibido o “informe favorable do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible ao proxecto para dotar ao municipio de chan urbanizable industrial no lugar de Monte Mocín, na parroquia de Santa María de Sacos” co cal permítese desbloquear a tramitación deste polígono e segundo declaracións do propio Alcalde: “con esta decisión da Dirección Xeral de Estradas e ante a importancia que este polígono terá desde o punto de vista da implantacion de empresas, xeración de emprego e fixación da poboación procederemos coa modificación das normas subsidiarias do planeamento e encargaremos o proxecto de urbanización e construcción dun auténtico pulmón económico de 110.000m cadrados que favorecerá a actividade económica do concello”. Máis a veciñanza e esta corporación fica á espera.
O BNG pregunta ao sr Alcalde:
-Cal é situación real no estado de tramitación do polígono empresarial Monte Mocin?
-Para cando se vai traer ao pleno o proxecto para que se someta á votación da corporación?
-Cales son os plazos que manexa o goberno local para poñelo en funcionamento logo de tantos anos de “anuncios e boas novas habituais” que non se plasman en ningunha realidade concreta e palpable para “implantacion de empresas, xeración de emprego e fixación da poboación” en palabras do Alcalde?
Quedamos á espera de prontas respostas.

