
Ernesto Filgueira reclámalle ao Alcalde explicacións de por qué seguen sen abrir os Baños do San Xusto
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte pregunta instando á súa resposta:
Cómpre lembrar que o BNG apoiou, sen fisuras o proxecto dos Baños do San Xusto, proxecto que se enmarca dentro do Pacto pola Paisaxe e que dende o comezo das obras da contorna e das instalacións aló polo 2020 o complexo non acaba de emprender a actividade termal pola cal se fixo a inversión. E dende o 2020 atopámonos unha unha popular inauguración a cargo do Presidente da Xunta en (abril de 2021), titulares en prensa do sr Alcalde como “los baños do San Xusto catapultarán el turismo (faro de vigo, 30-10-22) … pero a realidade é outra, o complexo termal continúa sen estar en funcionamento e mesmo presentando os síntomas propios do paso do tempo en forma de deterioro tanto nas instalacións como na contorna polo que esixe unha pronta posta en funcionamento.
O BNG pregunta ao sr Alcalde:
-Cal é a razón pola cal continúan as instalacións pechadas?
-Cal é o plazo que estima o goberno local para a súa apertura?
Quedamos á espera de prontas respostas.
