Filguiera demanda do Alcalde presións ás operadoras dixitais e eléctricas que están a deixar sen servizos á veciñza e empresas do concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta os seguintes rogos instando á súa resposta:

O BNG de Cerdedo-Cotobade recolle o malestar veciñal en varias parroquias polo perda de conectividade ao longo dos pasado días e non só do servizo de internet senon tamén de fallos constantes e prolongados na servizo de electricidade. Estes non son problemas puntuais, pois, o BNG leva dende o ano 2019 denunciando públicamente e elevando estas cuestións a diferentes plenos municipais. O BNG entende que en momentos nos que as condicións meteorolóxicas son adversas, os servizos poden verse alterados, máis o que non pode ser é que o goberno do PP permita que as operadoras dos suministros dos servizos de electricidade e internet continúen mantendo redes obsoletas e desprezando sistemáticamente á veciñanza de Cerdedo-Cotobade e mesmo poñendo en risco a operatividade dos pequenos negocios locais, estudantes, tele-traballadores e á poboación en xeral que paga por teren servizos de calidade; sen esquencer a aquelas persoas que dependen da electricidade para cuestións médico-sanitarias.

O BNG roga ao sr Alcalde:

-A presionar ás operadoras dixitais e eléctricas para modernizar as redes e os servizos que prestan á veciñanza que non merecen, senon. prestacións de calidade.

Quedamos á espera de prontas respostas.